O Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, na especialidade de Promoción turística, levou a cabo unha visita guiada arredor de Gondomar cos rapaces do colexio de Fontes de Baíña en Baiona. O grupo de 52 nenos e nenas de entre 6 e 8 anos, acompañados dos profesores disfrutaron dunha xornada completa onde se lles achegou os segredos da Vila.
O Obradoiro de emprego Valmiemprega II, realizou una visita guiada chamada "De ponte a ponte",co alumnado de 5º e 6º de primaria do Colexio Chano Piñeiro de Gondomar. O itinerario discorreu á beira do río Miñor. Comezou nas inmediacións do casco urbano polas pasarelas que discorren paralelas ao río ata chegar a Ponte de Mañufe, onde se lles explicou unha introdución sobre Gondomar, a historia da Ponte de Mañufe, a parroquia de Mañufe e o curso do Río Miñor con todos os seus afluentes.
Realizáronse dous itinerarios, os rapaces de 1º e 2º fixeron "Explorando Monte Boi", comezando na Praia da Cuncheira e comprobando por eles mesmos as conchiñas que forman a súa área. Seguidamente fixeron unha parada na Praia dos Frades e observaron a porta da fortaleza que leva o mesmo nome. A seguinte parada foi aos pés da Torre do Príncipe, dende onde se observa unha fermosa panorámica das Illas Estelas e das Cíes. Seguidamente coñeceron as características da Baía, da doca, a Torre da Tenaza, para finalizar a ruta correndo e desfrutando na Praia da Barbeira observando o Monterreal Club de Iates e o porto pesqueiro.
O alumnado-traballador da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, promovido polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, realizaron unha a actividade “Charlas didácticas” cos rapaces de 1º, 2º, 3º Y 4º de primaria do CEIP de Sabarís de Baiona.