^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE.

Os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se as prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación.

A oferta formativa deste ano será:

Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil (30h)

Xestión de compras e aprovisionamento (40h)

Xestión de instalacións deportivas (45h)

Xestión básica do almacén (20h)

Colaboración na organización de eventos e protocolo (80h)

Aplicación de sistemas informáticos no bar e cafetería (30h)

Retoque fotográfico (35h)

Mobilización de persoas enfermas (80h)

Atención e información de viaxeiros/as de autobús (50h)

 

Só se poderá realizar un curso por persoa e cóntase cun total de 135 prazas. A inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do 10 ao 24 de abril

 

Para máis información acudir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224

Actividade cofinanciada con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

Cartel informativo.pub.jpg

 

 

Monday, 08 April 2019 17:20

IV Certame Literario Verbas Novas 2019

IV Certame Literario Verbas Novas 2019.

A Asociación cultural San Vicente de Mañufe organiza un concurso de relato curto e poesía.

mañufe certame literario 2019.jpg

 

Wednesday, 03 April 2019 12:39

MOSTRAFEIRA GONDOMAR 2019

Por sétimo ano consecutivo a Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías conta coa colaboración do Concello de Gondomar para a celebración dos Días Europeos de la Artesanía, organizando unha feira con demostracións e obradoiros gratuitos para todas as idades.
 
Baixo o nome de «MOSTRAFEIRA GONDOMAR» os días 6 e 7 de abril artesáns e obradoiros esperan a visitantes e curiosos na carpa instalada no Parque de Animas. Nela poderase ver como coas mans elabóranse os artígos que teñen á venda artesans de distintas disciplinas (cerámica, tala pedra y madeira, coiro, xoiería, textil ... e máis).
 
A carpa situada no Parque de Ánimas (Gondomar) estará aberta nun horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. A inauguración contará como mestres de ceremonia cos Reguefeiros da Galicia, improvisadores en verso que amenizarán coa súa arte a presentación do evento. Tamén haberá un espectáculo de Debuxo con Area para o que se contará coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
 
Friday, 29 March 2019 13:19

Plan Concellos 2018

Proposta da Concellaría de Turismo e Comercio.

 

Monday, 25 March 2019 18:51

Plan Concellos 2019

Pan Concellos 2019

Monday, 25 March 2019 16:37

FESTIVAL PRIMAVERA SON 2019

FESTIVAL PRIMAVERA SON 2019
 
O Conservatorio Municipal de Música de Gondomar presentou o pasado 20 de marzo no Auditorio Lois Tobío a programación do Festival Primavera Son 2019. Dende marzo ata xuño o Conservatorio presentará varias actividades como concertos, masterclass,conferencias, II Noite no conser, e obradoiros. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. Todas as actividades son gratuitas e para todos os públicos ata completar aforo.
 
 
 
MASTERCLASS:
 
Todas as masterclass celebraranse no Auditorio Lois Tobío entre as 16:00h e as 20:00h.
LUNS 25 de Marzo: Paula Colás, especialidade de violín
MARTES 26 de Marzo: Felipe Agell, clarinete
XOVES 28 de Marzo: Agustín Lage, guitarra
VENRES 29 de Marzo Emilio Álvarez, piano
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.     
 
 
CICLO DE CONFERENCIAS:
 
As catros conferencias impartidas por Roberto Relova, baixo o epígrafe "A (de)construción dos grandes personaxes femininos desde a música, o mito e a historia" celebraranse no Auditorio Lois Tobío ás 19:00horas. Roberto Relova é musicólogo e colaborador da revista Codalario e o programa "Instinto clásico" de Onda Cero
Datas das conferencias:
Mércores 27 de Marzo: "Metodoloxía e perspectivas desde un estudio artístico"
Mércores 10 de Abril
Venres 10 de Maio
Martes 4 de Xuño
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.     
 
 
II NOITE DO CONSER:
 
Por segundo ano consecutivo as alumnas e alumnos do Conservatorio entre o martes 30 de abril e mércores 1 de maio, disfrutarán dunha xornada de actividades, na que quedarán a durmir nas instalacións do centro.
 
 
CONCERTO DE PÍSCORE: 
 
Grupo cómico de percusión: Para tódolos públicos. 
Auditorio Lois Tobío, Martes 30 de abril ás 19:00h
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.  
 
 
CONCERTO DIDÁCTICOS:
 
Concertos celebrados en colaboración con Espazo Lectura, o grupo de teatro xuvenil "Pritis Guomis", e o coro e orquestra do Conservatorio municipal
MARTES 28 de Maio ás 19:00h  Auditorio Lois Tobío
Entrada gratuita para tódolos públicos ata completar aforo.   
MÉRCORES 29 de Maio ás 18:00h Casa da Lectura de Donas
 
 
CONCERTO FIN DE CURSO:
 
Peche do Festival Primavera Son, cun concerto dos alumnos finalistas do 4º curso, o coro e orquestra do Conservatorio
MÉRCORES 5 de XUÑO ás 19:00 Praza do Concello
 
 
 
Wednesday, 13 March 2019 10:45

Consulta do censo electoral.

Dende o día 11 ata o 18 de marzo poderase consultar o censo electoral ordinario que rexirá nas Eleccións Xerais.

 

Anuncio publicacion censo.jpg

O Goberno Municipal de Gondomar entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns 168.661€ para investir na parroquia.

O Concello de Gondomar, una ano máis en tempo e forma, fai entrega á Entidade Local Menor de Morgadáns da cantidade de 45.863,35 euros, correspondentes o 25% dos impostos devindicados no exercicio do ano 2018, ao obxecto de que sexan investidos, coma considere o seu presidente, nas melloras na parroquia.

Neste mandado, baixo o goberno de Paco Ferreira como alcalde, a Entidade Menor de Morgadáns recibiu puntualmente ditas aportacións dinerarias: no ano 2015 a cantidade de 42.156,89 euros, no 2016 a cantidade de 40.172,43 euros, no 2017 a cantidade de 40.468,38, e este ano 45.863,35 euros, sumando un total no carto mandato de 168.661,05 euros.

Ademais, da aportación da cantidade indicada, o goberno municipal levou a cabo distintas melloras en infraestruturas e servizos, así como a tramitación e xestión para a mellora da carreteira de titularidade municipal por valor de máis de 400.000 euros de inversión, o desraizado da carreteira de Prado, o acondicionamento de camiños, o a modificación e revisión do proxecto de saneamento e recuperación do barrio de A Pedra, concluíu o alcalde Paco Ferreira.

 

WhatsApp Image 2019-03-05 at 17.50.39.jpeg

Sométese a información pública dun mes o expediente para que aquelas persoas interesadas poidan presentar as alegacións, documentos ou xustificacións que consideren pertinentes.

2790.2018 BOPPO 30.01.2019 CAMINO DA POUSA PINEIRO PEITIEIROS

Convocatoria pública para a inscrición e selección de Comparsas e Carrozas participantes no Desfile de Comparsas e Carrozas de Entroido 2019 do Concello de Gondomar, polo sistema de inscrición.

 

REQUISITOS: Especificados nas Bases da Convocatoria dispoñibles abaixo para descargar e nos Departamentos de Rexistro e no de Cultura do Concello de Gondomar.

 

PRAZO PRESENTACIÓN: Ate ás 23:59 horas do luns 17 de Febreiro de 2019, dende o día seguinte á publicación do correspondente anuncio da convocatoria no Diario EL ATLÁNTICO, sen prexuízo da súa publicación no Taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web.

 

Documentos de inscrición e anexos para descargar:

Instancia de Inscrición

Anexo Bases

Rss