^ Ir arriba

novas

Wednesday, 03 April 2019 12:39

MOSTRAFEIRA GONDOMAR 2019

Por sétimo ano consecutivo a Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías conta coa colaboración do Concello de Gondomar para a celebración dos Días Europeos de la Artesanía, organizando unha feira con demostracións e obradoiros gratuitos para todas as idades.
 
Baixo o nome de «MOSTRAFEIRA GONDOMAR» os días 6 e 7 de abril artesáns e obradoiros esperan a visitantes e curiosos na carpa instalada no Parque de Animas. Nela poderase ver como coas mans elabóranse os artígos que teñen á venda artesans de distintas disciplinas (cerámica, tala pedra y madeira, coiro, xoiería, textil ... e máis).
 
A carpa situada no Parque de Ánimas (Gondomar) estará aberta nun horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. A inauguración contará como mestres de ceremonia cos Reguefeiros da Galicia, improvisadores en verso que amenizarán coa súa arte a presentación do evento. Tamén haberá un espectáculo de Debuxo con Area para o que se contará coa colaboración da Deputación de Pontevedra.