^ Ir arriba

novas

×

Warning

JUser: :_load: Unable to load user with ID: 19
Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Wednesday, 20 March 2013 08:49

Sexualidade

Sexualidade

Sin pretender dar definicións, é evidente que a sexualidade ten ver ca saúde, co teu corpo, co teu estado de ánimo, coas túas ideas e principios, coa túa relación con outras persoas, cos teus setimentos. A sexualidade pódese manifestar de moi diversas formas, é un elemento fundamental no noso desenvolvemento e unha das máis importantes fontes de saúde e pracer.

Se queres información, tes dúbidas ou curiosidade, presentámoste  a páxina do centro Querotewww.querote.org , nesta páxina atoparás información e asesoramento afectivo-sexual, sobre métodos anticonceptivos, información e prescripción de anticonceptivos de emerxencia, asesoramento sobre enfermidades de transmisión sexual e VIH –sida, test de embarazo, asesoramento sobre embarazos non desexados, espazo de consulta ,etc.

O centro Querote maís próximo o que podes acudir e que ten un servizo gratuíto, con atención inmediata, confidencialidade e salvagardase o anonimato é:

  • Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Vigo
  • Enderezo postal 
  • O centro está localizado na: 
  • Rúa Ferrería, 41
    • 36202 Vigo
      • Teléfono: 986 220 717

www.querote.org

Wednesday, 20 March 2013 08:34

Ensino

Ensino 

Neste espazo atoparás información sobre orientación e asesoramento sobre dúbidas na elección do teu futuro académico ou profesional, informarte sobre axudas e bolsas e un fondo documental na Omix nesta área.

O Sistema Educativo Galego ven da man da Ley Orgánica de Educación  LOE do 6 de abril do 2006. Según esta ley temos dous tipos de ensinanzas:

Réxime Xeral:

EDUCACIÓN INFANTIL: estudos de carácter voluntario e comprende ata os 6 anos. No concello de Gondomar temos: 

  • Escola Infantil San José  Borreiros: de 0 a 6 anos, concertada Tlf.: 986 352 995
  • Escola Infantil  a Galiña Azul Gondomar: 0-3 anos pública Tlf.: 986 389 535
  • Escola unitaria de Mañufe: 0-3 anos pública Tlf.: 986 360 534
  • Colexio Rural agrupado Antía Cal: 0-3 pública Tlf.: 986 360 964 

EDUCACIÓN PRIMARIA: estudos de carácter obrigatorio dos 6 ao 12 anos. No concello de Gondomar temos catro centros de educación Primaria.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO): consta de catro cursos organizados en dous ciclos e abarca dos 12 ao 16 anos. Unha vez rematada a ESO o alumno percibe o título de Graduado en Educación Secundaria. Temos dous centros no concello de Gondomar:

BACHARELATO: este é o último ciclo da educación secundaria é de carácter voluntario e comprende dous cursos. O Bacharelato pode cursarse en centros de educación secundaria públicos ou privados, en turno diurno ou nocturno e a distancia. Unha vez rematado o alumno obten o Título de Bacharelato  que o posibilita a o acceso a os  estudos Universitarios, que no novo Plan Bolonia pasan a Graos. tras unha proba( selectividade) ou a un módulo de formación profesional de grao superior ou tras outra proba a estudos superiores de ensinanzas artísticas.

FORMACIÓN PROFESIONAL: Seu obxectivo é preparar os/as alumnos/as para un traballo cualificado nun determinado campo profesional. Existe formación de grao superior e medio. Os módulos de grao medio se pode acceder a través da ESO e os graos superiores é necesario o título de Bacharelato. No concello de Gondomar non existen centro educativo que imparta formación profesional o máis cercano é o IES  Escolas Proval que imparte FP na rama administrativa e electrónica, así como , ensinanza secundaria de adultos.

Cartel informativo oferta ciclos formativos en Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL (PCPI);  programas dirixidos ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivesen o título de graduado en Educación Secundaria obrigatoria e excepcionalmente ao alumnado maior de 15 anos para favorecer a súa inserción social, educativa e laboral. O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos obtendrá un certificado de profesionalidade de nivel 1. O que supere ademais os módulos voluntarios obterá tamén o título de Graduado en Educación secundaria obrigatoria. Máis información en http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-pcpi 

PROBAS ACCESO UNIVERSIDADE: a comisión interuniversitaria de Galicia e a que pon en marcha as probas para PAU (selectividade), acceso universidade maiores 25, maiores 45. Máis información  http://ciug.cesga.es/

 ESTUDOS UNIVERSITARIOS: títulos universitarios oficiais, con validez no territorio nacional. Son títulos propios establecidos polas universidades en virtude da súa autonomía. Os créditos son as unidades de valoración das ensinanzas universitarias. Un crédito son 10 h. de ensinanza teórica-práctica.  Universidades da comunidade Autónoma de Galicia:

Réxime Especial:

 http://www.edu.xunta.es/web/ea

ENSINO A DISTANCIA: oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, asegurando que as persoas adultas adquiran, actualicen , complementen ou amplien os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional . Adultos son todas as persoas maiores de 18 anos que abandonaron o sistema educativo  sen unha titulación básica e que desexen adquirila.  Onde :

  • CENTROS EPA: espazos  con recursos e materiais destinados exclusivamente á ensinanza de persoas adultas. Os Epa máis cercanos están en Vigo e son; EPA Berbés 986.225579  e EPA Radio ECCA 986.227.315 This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • CENTROS ORDINARIOS CON ENSINANZAS DE ADULTOS: centros ordinarios autorizados para impartir determinadas ensinanzas de adultos. Para adquisición da ESO no Val Miñor están autorizados CPI Covaterreña www.edu.xunta.es/centros/cpicovaterrena  e o IES Escolas Proval www.edu.xunta.es/centros/iesescolaproval

Listado centros EA en Galicia:http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXFP/adultos/CENTROS.pdf

ENSINANZA DE IDIOMAS:  As escolas oficiais de idiomas son os centros docentes públicos nos que se ofrecen contextos para aprendizaxe do maior número posible de idiomas e para a súa práctica. Nos estudos dun idioma estranxeiro existen tres niveis Básico, Intermedio e Avanzado. As escolas de Idiomas na Provincia de Pontevedra son:

  • Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra 

Rúa Celso Emilio Ferreiro (Campus A Xunqueira) - 36005 Pontevedra
Teléfono: 986 83 30 18
Fax: 986 87 39 70
Enderezo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Páxina web:  http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/

  • Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía 

R/ Entrante, 7 - 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986 56 64 40
Fax: 986 56 64 50
Enderezo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Páxina web:  http://www.eoivga.org

  • Escola Oficial de Idiomas de Vigo 

Avda. Emilio Martínez Garrido, 17 36205 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 26 02 61
Fax: 986 26 25 99
Enderezo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/eoidevigo 

OFERTA EDUCATIVA EN DEPORTES: As ensinanzas deportivas teñen por finalidade a formación de técnicos na ensinanza ou adestramento dos deportes.

ENISINANZAS ARTÍSTICAS: comprenden os estudos relacionados coas artes plásticas, os oficios artísticos, a conservación e restauración de bens culturais e o deseño nas súas diversas modalidades.

  • Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño: En Vigo Centro Autorizado de Arte Aula D imparte; Gráfica publicitaria e Proxectos e dirección de obras e decoración e Arte Atlántico imparte: Engastado e Procedementos xoiaría artística
  • Ensinanzas de arte dramático: Escola Superior de Arte dramático de Galicia  986.214.755www.esadgalicia.com
  • Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais
  • Ensinanzas de danza: En Vigo Centro Elemental e Profesional  de Danza Coppelia 986.222.930 ; Centro Profesional de Danza Mayeusis 986.226.378
  • Ensinanzas superiores de deseño
  • Ensinanzas de música. Conservatorio Elemental de Gondomar 986.389.283; Conservatorio Profesional de Tui 986.603.625; Conservatorio Profesional de Vigo 986.213.395http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/; Conservatorio Superior de Vigo 986.471.144http://centros.edu.xunta.es/cmussuperiordevigo/

Máis información ensinanzas artísticas en:http://www.edu.xunta.es/web/node/2535 

ENLACES DE INTERESE:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:www.edu.xunta.es
Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Tlf.: 986 805 938
Servizo de Inspección Educativa: 986 805 909
Ministerio Educación :www.mec.es
Programas Europeos educación:www.oapee.es 

INFORMACIÓN BECAS E AXUDAS:

Tuesday, 19 March 2013 13:53

Vivenda

Vivenda

Unha vivenda , en propiedade ou aluguer , constitúe un dos pilares fundamentais na vida das persoas, así como , un elemento integrador dentro da sociedade. É un dereito de todo cidadán recollido na Constitución, pero este dereito resultar ser un problema para moita xente sobre todo na mocidade. Para paliar esta problemática xurden unha serie de iniciativas.

Tes varias opcións dende o aluguer ata a compra.

COMPRA VIVENDA

Antes de asinar un contrato ou precontrato de compravenda, debes pedir ao vendedor copia da escritura que lle acredite como propietario do piso ou solar.

É aconsellable, tamén, acudir ao Rexistro da Propiedade, onde consta toda a información relativa a constitución, transmisión e extinción de dereitos reais que poden recaer sobre unha leira, como as hipotecas ou outras cargas. De existir cargas, podes ou debes, segundo os casos, acordar co vendedor a cancelación das mesmas. Respecto da hipoteca podes pedir que o propietario a cancele ou subrogarte, si as condicións pódenche interesar.Os datos que debes coñecer son os relativos a identificación do propietario ou copropietarios, a superficie do inmoble ou solar, a cota de participación do piso na contribución a gastos comúns, si está hipotecada ou ten outro tipo de cargas e, por último, si é de edificación libre ou sometida a algún réxime de protección.

Para mercar una vivenda protexida  ter como referencia o PLAN Vivenda 2009/10

Enlace: http://igvs.xunta.es/web/axudamoste/12

ALUGUER. PROGRAMA VIVENDA  ALUGUER

Actualmente existen dous modelos de funcionamento e xestión da Bolsa de Vivenda Nova en Aluguer: Un coa colaboración do INJUVE e as Comunidades Autónomas e Concellos.
O programa articúlase en dúas liñas principais:

  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Informar e asesorar aos mozos en todo o relacionado con aluguer e compravenda de vivendas.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Depósito na Bolsa mediante acordo cos propietarios dunha serie de vivendas en aluguer para mozos, tanto individualmente como en grupos, a prezos inferiores aos do mercado, grazas ao sistema de garantías ofrecidas aos arrendadores, a Bolsa supervisa e controla o proceso de aluguer.

As vantaxes comúns para arrendadores e arrendatarios son:

  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">As vivendas depositadas son revisadas e inventariadas previamente a ser ofertadas aos mozos solicitantes.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Acompaña aos solicitantes a visitar a vivenda.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">O contrato de aluguer é supervisado polo servizo, asesorando ás partes en todas as dúbidas que puidesen suscitarse.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Serve de mediador para solucionar os problemas que puidesen xurdir durante o aluguer.

Maís información:
Enlace: http://conselleriavivenda.xunta.es/web/actuamos/383

RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN

A renda básica de emancipación, consiste nun conxunto de axudas directas do Estado, destinadas ao apoio económico para o pago do aluguer da vivenda que constitúe o seu domicilio habitual e permanente, nas condicións e requisitos que establece o Real Decreto 1472/2007.
Requisitos dos beneficiarios
Poderán percibir a renda básica de emancipación, todas aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos

  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Ter unha idade comprendida entre os 22 e 30 anos (a prestación interrómpese ao cumprir os 30 anos)
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Ser titular do contrato de aluguer da vivenda na que residan con carácter habitual e permanente. A contía da prestación dividirase polo número de inquilinos titulares do contrato. Cada un dos titulares pode solicitar a renda básica de emancipación.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Dispor dunha fonte regular de ingresos que lle reporte uns ingresos brutos anuais inferiores a 22.000 euros.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Inclúese aos traballadores por conta propia ou allea, aos bolseiros de investigación e aos perceptores de prestación de desemprego ou dunha pensión por incapacidade , por invalidez ou calquera outra prestación pública, sempre que poidan acreditar unha vida laboral de polo menos seis meses de antigüidade, inmediatamente anteriores ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de polo menos seis meses contados desde o día da súa solicitude.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Si traballas por conta propia e a túa fonte regular de ingresos consiste en actividades empresariais, profesionais ou artísticas, poderás deducirche para o cómputo dos ingresos brutos os gastos necesarios para a súa obtención.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Para estranxeiros non comunitarios é necesario ter a autorización de residencia permanente en España.

Si modificásese algunha das circunstancias que permitiron a concesión da Renda de Emancipación e deixásese de cumprir calquera dos requisitos esixidos, o beneficiario haberá de comunicalo de inmediato ao órgano que lle recoñeceu o dereito á axuda, para que resolva o que proceda e comuníqueo ao Ministerio de Vivenda.
Contía
A renda básica de emancipación se desglosa nas seguintes axudas:

  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Unha cantidade mensual de 210 euros co fin de facilitar o pago dos gastos do aluguer.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">120 euros para o caso de que se constitúa un aval cun avalista privado.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Préstamo sen intereses, por importe de 600 euros, reintegrable cando se extinga a fianza prestada en garantía do aluguer.

A axuda de 210 euros percibirase por meses completos, con efectos desde o mes seguinte ao da súa solicitude, durante un máximo de catro anos, sexan ou non consecutivos, ou até aquel en o que se cumpra a idade de 30 anos
Para percibir a renda básica son requisitos fundamentais

  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">A domiciliación bancaria desta axuda nalgunha das entidades de crédito colaboradoras do Ministerio de Vivenda
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Domiciliación bancaria do pago do aluguer. O número de conta desde a que pagas o aluguer debe ser unha conta dalgunha das entidades colaboradoras.Devandito pago poderá efectuarse mediante transferencia bancaria a unha conta predeterminada do arrendador ou do seu representante a estes efectos, desde a conta do inquilino habilitada para iso; ou ben, mediante o cargo de recibos domiciliados nesta última conta, directamente por parte do arrendador ou de quen o represente.
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Estar ao corrente do pago do aluguer da vivenda
  • http://www.concellodegondomar.com/themes/Gondomar/images/menu-leaf.gif); background-color: transparent; background-position: 1px 0.35em; background-repeat: no-repeat no-repeat;">Estar ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social

Datos solicitude Galicia:
http://www.alquilerjoven.es/formulario.htm

Enlaces de interese sobre vivenda:
Instituto Galego de Vivenda: www.igvs.xunta.es 
www.emancipacionxove.org 
www.alquilerjoven.es 
Consejo Juventud España: www.ayudasviviendajoven.es

Teléfonos de información xeral

Información xeral sobre VIVENDA

SERVIZOS CENTRAIS SANTIAGO DE COMPOSTELA

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE A CORUÑA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN FERROL

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  LUGO

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  OURENSE

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN VIGO








981 54 19 82 
902 10 00 54

981 18 23 47

981 33 71 61

982 29 46 02

988 38 62 68

986 80 56 10

986 80 56 10


Información sobre o PROGRAMA DE VIVENDA EN ALUGUER

SERVIZOS CENTRAIS SANTIAGO DE COMPOSTELA

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  A CORUÑA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN FERROL

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  LUGO

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  OURENSE

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN VIGO








981 56 85 08 
981 56 85 09

981 28 71 32

981 35 85 28

982 25 54 01 
982 25 54 21

988 51 15 74

986 80 52 83 
986 80 52 84

986 48 57 46


Información sobre a RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN

SERVIZOS CENTRAIS SANTIAGO DE COMPOSTELA

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  A CORUÑA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN FERROL

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  LUGO

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  OURENSE

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN VIGO








881 03 16 12

981 29 48 72

981 35 87 42

982 22 62 93

988 37 56 90

986 80 56 06

986 49 45 62


Información sobre o REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

SERVIZOS CENTRAIS SANTIAGO DE COMPOSTELA

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  A CORUÑA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN FERROL

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  LUGO

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE  OURENSE

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZOS DE INFORMACIÓN VIGO








881 99 90 48

981 18 48 03

 

982 29 49 71

988 38 62 71 
988 38 68 71

986 80 53 13

 
Tuesday, 19 March 2013 13:23

Xuventude

Que é unha OMIX?

É un servizo que o Concello de Gondomar pon a disposición dos/as mozos/as. Baséase nun conxunto de medidas para obter e difundir información específica para a mocidade.

Esta información ten por obxecto dar o apoio necesario á mocidade para que poidan tomar decisións sobre temas como sexualidade, ocio, emprego, estudos, etc. Unha fórmula para que a información chegue a todos e todas co obxectivo de garantir as mesmas oportunidades de información a poboación moza e promovendo a igualdade no acceso á información.

Servizos

Expedición do Carné Xove

Exposición de ofertas de emprego semanais

Exposición de subvencións

Exposicións de cursos e actividades non só do concello de Gondomar senón doutros municipios do redor.

Ordenadores conectados a internet con impresora , totalmente gratuítos para uso dos mozos

Programa de actividades formativas e de ocio

Difusión da información a través de stands informativos en centros culturais e cafeterías do concello

Infomóbil- difusión a través de mensaxes SMS sobre información solicitada a esta oficina

Información

Actividades Xunta e Deputación Provincial para a mocidade

Promoción comercios para adhesión ao carné Xove

Espazo de autoconsulta: documentación sobre saúde, ocio, turismo, educación, información europa, becas e axudas, asociacionismo, programas Xunta, etc.

 

Tuesday, 19 March 2013 12:50

Igualdade

Igualdade

TELÉFONOS DE MULLERES

016

Servizo de información e asesoramento xurídico, telefónico e on-line, para mulleres vítimas da violencia de xénero, de ámbito nacional e servizo 24 horas e gratuíto.

900 400 273

Servizo de información sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais, educativas, recursos e servizos e violencia e axuda integral para mulleres e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o soliciten. Servizo 24 horas e gratuíto.

¿Que é un Centro de Información á Muller?

Naceu o ano 1998 como un servizo de carácter permanente destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres.

¿A quen vai dirixido?

A mulleres e asociacións do Concello de Gondomar ou de concellos limítrofes que non conten co servizo.

Principios de actuación

Anonimato na identidade das usuarias

Respecto á vontade

Gratuidade de todos os seus servizos

Confidencialidade por parte do persoal

Servizos que ofrece

Asesoramento xurídico

Atención psicolóxica

Orientación profesional e formativa

Información sobre todo tipo de recursos

Difusión e sensibilidade sobre o Principio de Igualdade entre Mulleres e Homes

Áreas nas que se está a traballar

Formación, emprego e conciliación

Coa finalidade de promover a incorporación da muller no mercado laboral dunha maneira igualitaria en todas as profesións independentemente da tipoloxía destas, así como incentivar a incorporación da igualdade de oportunidades no eido da educación, para promocionar ferramentas cara comportamentos e actitudes igualitarios e non discriminatorios.

Execución e seguimento de Itinerarios Formativos Personalizados e de Inserción (orientación laboral, cursos, charlas,...)

Participación social

Co obxectivo de incentivar a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade (social, político, cultural e económico) dunha maneira activa, dinámica e participativa.

Contamos co Consello Municipal da Muller, facemos información e asesoramento a asociacións, potenciamos o asociacionismo,...

Prevención e eliminación da Violencia de Xénero

Para concienciar á sociedade nos valores e principios cara a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, así como fomentar o uso dunha lingua non sexista.

Organización de campañas de sensibilización, realización de núcleos de reflexión, establecer protocolos de actuación,...

Administración e servizos

Incorporación do mainstreaming na vida diaria da administración local e en todas as actuación e actos municipais.

Tuesday, 19 March 2013 11:10

Benestar Social

Benestar Social

Os Servizos Sociais municipais son o sistema público de protección social máis achegado ó cidadán. O seu obxectivo é favorecer e promover o benestar social das persoas dentro do seu contorno.

Tuesday, 12 February 2013 15:17

Noticia de Prueba

marras

Los equipos de salvamento de Irlanda que buscan en aguas del Gran Sol a un marinero gallego que cayó al mar, han suspendido el operativo. Según informa la agencia EFE,

Fuentes de Salvamento Marítimo han informado de que el marinero del Ecce Homo, que tiene base en el puerto de Celeiro, no llevaba puesto el chaleco salvavidas, por lo que los efectivos de rescate han decidido suspender a las 13:30 horas española el rastreo, que no está previsto que reanuden.

Tuesday, 12 February 2013 14:44

Noticia Prueb (2)

Ana Botella cree que Coghen actuó "de buena fe"

Ana Botella cree que Coghen actuó "de buena fe"

0deja tu comentario

La alcaldesa expica que el asunto "apareció en los periódicos hace unos dos años" y "es un asunto que está en los tribunales".

Tuesday, 12 February 2013 14:44

Noticia Prueb

Ana Botella cree que Coghen actuó "de buena fe"

Ana Botella cree que Coghen actuó "de buena fe"

0deja tu comentario

La alcaldesa expica que el asunto "apareció en los periódicos hace unos dos años" y "es un asunto que está en los tribunales".

Rss