^ Ir arriba

novas

×

Warning

JUser: :_load: Unable to load user with ID: 19
Wednesday, 20 March 2013 08:34

Ensino

Ensino 

Neste espazo atoparás información sobre orientación e asesoramento sobre dúbidas na elección do teu futuro académico ou profesional, informarte sobre axudas e bolsas e un fondo documental na Omix nesta área.

O Sistema Educativo Galego ven da man da Ley Orgánica de Educación  LOE do 6 de abril do 2006. Según esta ley temos dous tipos de ensinanzas:

Réxime Xeral:

EDUCACIÓN INFANTIL: estudos de carácter voluntario e comprende ata os 6 anos. No concello de Gondomar temos: 

  • Escola Infantil San José  Borreiros: de 0 a 6 anos, concertada Tlf.: 986 352 995
  • Escola Infantil  a Galiña Azul Gondomar: 0-3 anos pública Tlf.: 986 389 535
  • Escola unitaria de Mañufe: 0-3 anos pública Tlf.: 986 360 534
  • Colexio Rural agrupado Antía Cal: 0-3 pública Tlf.: 986 360 964 

EDUCACIÓN PRIMARIA: estudos de carácter obrigatorio dos 6 ao 12 anos. No concello de Gondomar temos catro centros de educación Primaria.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO): consta de catro cursos organizados en dous ciclos e abarca dos 12 ao 16 anos. Unha vez rematada a ESO o alumno percibe o título de Graduado en Educación Secundaria. Temos dous centros no concello de Gondomar:

BACHARELATO: este é o último ciclo da educación secundaria é de carácter voluntario e comprende dous cursos. O Bacharelato pode cursarse en centros de educación secundaria públicos ou privados, en turno diurno ou nocturno e a distancia. Unha vez rematado o alumno obten o Título de Bacharelato  que o posibilita a o acceso a os  estudos Universitarios, que no novo Plan Bolonia pasan a Graos. tras unha proba( selectividade) ou a un módulo de formación profesional de grao superior ou tras outra proba a estudos superiores de ensinanzas artísticas.

FORMACIÓN PROFESIONAL: Seu obxectivo é preparar os/as alumnos/as para un traballo cualificado nun determinado campo profesional. Existe formación de grao superior e medio. Os módulos de grao medio se pode acceder a través da ESO e os graos superiores é necesario o título de Bacharelato. No concello de Gondomar non existen centro educativo que imparta formación profesional o máis cercano é o IES  Escolas Proval que imparte FP na rama administrativa e electrónica, así como , ensinanza secundaria de adultos.

Cartel informativo oferta ciclos formativos en Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL (PCPI);  programas dirixidos ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivesen o título de graduado en Educación Secundaria obrigatoria e excepcionalmente ao alumnado maior de 15 anos para favorecer a súa inserción social, educativa e laboral. O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos obtendrá un certificado de profesionalidade de nivel 1. O que supere ademais os módulos voluntarios obterá tamén o título de Graduado en Educación secundaria obrigatoria. Máis información en http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-pcpi 

PROBAS ACCESO UNIVERSIDADE: a comisión interuniversitaria de Galicia e a que pon en marcha as probas para PAU (selectividade), acceso universidade maiores 25, maiores 45. Máis información  http://ciug.cesga.es/

 ESTUDOS UNIVERSITARIOS: títulos universitarios oficiais, con validez no territorio nacional. Son títulos propios establecidos polas universidades en virtude da súa autonomía. Os créditos son as unidades de valoración das ensinanzas universitarias. Un crédito son 10 h. de ensinanza teórica-práctica.  Universidades da comunidade Autónoma de Galicia:

Réxime Especial:

 http://www.edu.xunta.es/web/ea

ENSINO A DISTANCIA: oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, asegurando que as persoas adultas adquiran, actualicen , complementen ou amplien os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional . Adultos son todas as persoas maiores de 18 anos que abandonaron o sistema educativo  sen unha titulación básica e que desexen adquirila.  Onde :

  • CENTROS EPA: espazos  con recursos e materiais destinados exclusivamente á ensinanza de persoas adultas. Os Epa máis cercanos están en Vigo e son; EPA Berbés 986.225579  e EPA Radio ECCA 986.227.315 This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
  • CENTROS ORDINARIOS CON ENSINANZAS DE ADULTOS: centros ordinarios autorizados para impartir determinadas ensinanzas de adultos. Para adquisición da ESO no Val Miñor están autorizados CPI Covaterreña www.edu.xunta.es/centros/cpicovaterrena  e o IES Escolas Proval www.edu.xunta.es/centros/iesescolaproval

Listado centros EA en Galicia:http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXFP/adultos/CENTROS.pdf

ENSINANZA DE IDIOMAS:  As escolas oficiais de idiomas son os centros docentes públicos nos que se ofrecen contextos para aprendizaxe do maior número posible de idiomas e para a súa práctica. Nos estudos dun idioma estranxeiro existen tres niveis Básico, Intermedio e Avanzado. As escolas de Idiomas na Provincia de Pontevedra son:

  • Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra 

Rúa Celso Emilio Ferreiro (Campus A Xunqueira) - 36005 Pontevedra
Teléfono: 986 83 30 18
Fax: 986 87 39 70
Enderezo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Páxina web:  http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/

  • Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía 

R/ Entrante, 7 - 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986 56 64 40
Fax: 986 56 64 50
Enderezo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Páxina web:  http://www.eoivga.org

  • Escola Oficial de Idiomas de Vigo 

Avda. Emilio Martínez Garrido, 17 36205 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 26 02 61
Fax: 986 26 25 99
Enderezo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/eoidevigo 

OFERTA EDUCATIVA EN DEPORTES: As ensinanzas deportivas teñen por finalidade a formación de técnicos na ensinanza ou adestramento dos deportes.

ENISINANZAS ARTÍSTICAS: comprenden os estudos relacionados coas artes plásticas, os oficios artísticos, a conservación e restauración de bens culturais e o deseño nas súas diversas modalidades.

  • Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño: En Vigo Centro Autorizado de Arte Aula D imparte; Gráfica publicitaria e Proxectos e dirección de obras e decoración e Arte Atlántico imparte: Engastado e Procedementos xoiaría artística
  • Ensinanzas de arte dramático: Escola Superior de Arte dramático de Galicia  986.214.755www.esadgalicia.com
  • Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais
  • Ensinanzas de danza: En Vigo Centro Elemental e Profesional  de Danza Coppelia 986.222.930 ; Centro Profesional de Danza Mayeusis 986.226.378
  • Ensinanzas superiores de deseño
  • Ensinanzas de música. Conservatorio Elemental de Gondomar 986.389.283; Conservatorio Profesional de Tui 986.603.625; Conservatorio Profesional de Vigo 986.213.395http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/; Conservatorio Superior de Vigo 986.471.144http://centros.edu.xunta.es/cmussuperiordevigo/

Máis información ensinanzas artísticas en:http://www.edu.xunta.es/web/node/2535 

ENLACES DE INTERESE:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:www.edu.xunta.es
Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Tlf.: 986 805 938
Servizo de Inspección Educativa: 986 805 909
Ministerio Educación :www.mec.es
Programas Europeos educación:www.oapee.es 

INFORMACIÓN BECAS E AXUDAS: