^ Ir arriba
Thursday, 08 February 2018 12:16

Axudas ao alumnado universitario por causas sobrevidas ou imprevistas

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca axudas a alumnado matriculado en estudos universitarios ofciais conducentes a unha titulación de grao no curso académico 2017/18, cunha necesidade urxente de recursos económicos motvados por causas sobrevidas e imprevistas ( orfandade absoluta, desemprego sustentadores, non pagamento das pensións alimentcias en caso de separación ou divorcio, enfermidade grave sustentador/a, incapacidade permanente absoluta dalgún dos sustentadores, vítmas violencia de xénero, etc.) ocorridos durante o actual curso académico ( 1 setembro 2017 ao 30 de xuño do 2018 ), que lle impida ou difculte a continuidade dos seus estudos.

REQUISITOS: necesitade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada da causa sobrevida, dita causa que acontecese entre o 1/09/2017 ao 30/06/2018, estar matriculado no curso académico 2017/18 cun mínimo de 50 créditos, agás alumnado que lle reste un número inferior de créditos para rematar, en estudos universitarios conducentes a unha ttulación de Grao en calquera Universidade do SUG, por ingresos da unidade familiar e non ter percibido esta axuda con anterioridade.
PRAZO: causas acontecidas antes da publicación desta axuda prazo: 06/03/2018
causas acontecidas a partir da publicación destas axudas: prazo será dun mes dende que aconteceu a causa, como máxime ata 30/06/2018
Informa DOG 06/02/2018

Last modified on Thursday, 08 February 2018 12:23