^ Ir arriba
Thursday, 08 February 2018 12:09

1.400 Becas para actividades de formación en linguas estraxeiras no ano 2018

A Xunta de Galicia a través da Consellería de cultura,educación e ordenacións universitaria convoca 1.400 axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas a alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

DESTINATARIOS: alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO (inglés en Galicia) e alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ( inglés en Canadá, no Reino Unido, en Galicia, Francés en Francia , Portugués en Portugal) que estean matriculados en centros sostidos con fondos públicos, con todas as materias superadas do curso 2016/17 e cunha nota mínima na lingua estranxeira que se vai perfeccionar de 6. Criterios selección segundo nota media expediente alumno/a, renda per cápita unidade familiar, familia numerosa, discapacidade dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao, non ter sido benefciario desta axuda no ano 2017.
PRAZO: presentación solicitudes ata 07/03/2018
http://www.edu.xunta.es/axudasle
Información DOG 07/02/2018

Last modified on Thursday, 08 February 2018 12:16