^ Ir arriba
Wednesday, 31 May 2017 11:39

Curso de iniciación a Robótica.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar propón, como inicio de vacacións estivais unha actividade creativa na que incitaremos o mozo ou moza a explorar e a descubrir provocando un interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro ofrece a mocidade deste concello un curso de iniciación á robótica. Este curso pretende favorecer experiencias que permitan investigar e coñecer novos conceptos que esperten o interese polo campo da robótica.
Queremos que os mozos e mozas de 12 a 17 anos podan ter o seu primeiro contacto co mundo da robótica, potenciar valores e capacidades como a disciplina, concentración, a creatividade o gusto polo coñecemento e o desenvolvemento do pensamento computacional.
O curso se levará a cabo do 27 ao 30 de xuño , en horario de mañá de 10:30 a 12:30h, no aula de informática do Centro de Deselvolvemento Local do Concello de Gondomar.
Para inscribirse deben cubrir unhas instancias e entregalas no rexistro do Concello de Gondomar. Para calquera información chamar ao 986.369.746.

Curso iniciación á Robótica (Modelos de Solicitude do Curso sa seguinte enlace)

 

Last modified on Wednesday, 31 May 2017 18:18