^ Ir arriba
Friday, 19 May 2017 18:18

Que fas este Verán? Programación de actividades do verán para os mozos e mozas.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do verán 2017. O tempo de ocio no verán incrementase e faise necesario garantir a mocidade un ocio accesible e alternativo e positivo, que aporte valores como a creatividade, cohesión social, empatía, innovación, etc.

Coa proposta deste verán queremos abrir distintos campos de ocio innovadores: tomaremos contacto co mundo da robótica, terán a súa primeira experiencia ca lingua de signos, crearemos o inicio dun nicho de ocio en familia, traballaremos a área da música e o ritmo, traballaremos a creatividade de mocidade , daremos valor a riqueza cultural e natural deste concello dende a visión da mocidade.
Se tes entre 12 e 30 anos e queres saber que vas facer este verán, chama ao 986.369.746 e infórmate da nosa programación.

 

Last modified on Monday, 22 May 2017 10:24