^ Ir arriba

Anuncios urbanismo

ANUNCIO: exposición pública da delimitación do solo do núcleo rural do Mosteiro, Donas.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro,
exponse á información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural do
Mosteiro, na parroquia de Donas, deste termo municipal, subscrito pola arquitecta Delia
Prado Figueroa e incoado por petición da Concellería de Urbanismo.
O expediente sométese á información pública polo prazo de dous (2) meses, contado
a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá
examinar na sede electrónica do Concello de Gondomar (https://concellodegondomar.
sedelectronica.gal/info.0) e na páxina web (www.concellodegondomar.org), así mesmo,
poderase examinar no Negociado de Urbanismo, das 9.00 ás 13.30 horas de oficina, para
formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.
Gondomar, 18 de xuño de 2020
 
O alcalde
 
P.D. (Resolución Alcaldía 5.7.2019)
Iria Lamas Salgueiro
Concelleira de Urbanismo

Anuncio_DOGA delimitación del nucleo rural de O Mosteiro, Donas_page-0001.jpg