^ Ir arriba

Programa Vivendas baleiras

Programa de Vivendas Baleiras

Unha vez aprobadas as bases do “Programa de Vivendas Baleiras”, dáse por rematado o proceso administrativo iniciado a finais do de 2015 e, en consecuencia, queda aberta a fase de incorporación de vivendas baleiras ao mesmo.house with chimney

Dende o Concello de Gondomar animamos ás persoas propietarias de vivendas baleiras a se incorporar ao devandito programa, entre outras razóns porque favorece que moitas persoas poidan acceder a unha vivenda digna, porque axuda a fixar poboación, sobre todo xoven, en Gondomar, porque conta coas garantías e respaldo do IGVS e do propio Concello, etc. Velaí a documentación necesaria para poderse adherir, que en resumo é a seguinte:

1. Anexos: modelos de solicitudes de alta da vivenda, de demandantes da vivenda, de contrato e modelo orientativo de informe técnico
2. Modelo de póliza de seguros coas coberturas para as vivendas e documento informativo dos protocolos de actuación coas compañías de seguros.
3. Fichas de comunicación polo concello de altas da vivenda e dos contratos.
4. Códigos do concello (para cubrir as fichas de comunicación)

Esta documentación tamén poderá consultala na páxina web do IGVS, no seguinte enlace: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/861

Así mesmo por indicación das compañías de seguros indícase a oportunidade de ter en conta as seguintes cuestións:

1. Os danos na vivenda detectados unha vez desocupada deberán ser comunicados nun prazo máximo dunha semana dende a data de desocupación da vivenda, á compañía de seguro do fogar (seguros Bilbao). E por suposto, a póliza debe estar en vigor na data da desocupación.
2. No informe técnico da vivenda previo á ocupación, para facilitar a resolución dos sinistros, serán necesarias fotos de: chan, paredes, cociña: especialmente encimeiras e cociña, e baños: especialmente o estado de louzas e sanitarios.
3. No caso de que a persoa inquilina desocupe a vivenda sen ter entregado as chaves, a persoa propietaria terá que avisar ao seguro de impagos (ARAG) antes de entrar na vivenda.
4. Os impagos na vivenda hai que comunicalos nos cinco primeiros días do mes impagado.


En Gondomar, 12 de maio de 2017.

Asdo.: Antonio Araújo Quintas.
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda.

Documentación
Download this file (1. ANEXO I. MODELO Solicitude Incorporacion-.doc)ANEXO I[Medelo solicitude incorporación]
Download this file (2. ANEXO II- MODELO. Inscrición rexistro demandantes  -.doc)ANEXO II[Modelo Inscrición rexistro demandantes]
Download this file (3. ANEXO III- MODELO. CONTRATO ARRENDAMENTO PVB.doc)ANEXO III[Modelo Contrato arrendamento PVB]
Download this file (4. Proposta orientativa INFORME TÉCNICO VISITA INCORPORACION.odt)Proposta orientativa[Informe técnico visita incorporación]
Download this file (5. Seguros. - Póliza Seguros Bilbao.pdf)Seguros[Póliza seguros Bilbao]
Download this file (6. Seguros. - Anexo póliza Seguros Bilbao.pdf)Seguros[Anexo Seguros Bilbao]
Download this file (7. Seguros. - Póliza Impagos. ARAG.pdf)Seguros[Póliza Impagos]
Download this file (8. Seguros. - Condicións xerais. ARAG.pdf)Seguros[Condicións xerais]
Download this file (9. Procedemento altas e baixas.pdf)Procedemento altas e baixas[Procedemento altas e baixas]
Download this file (10. Codigos do concello.pdf)Códigos de Concello[Códigos do Concello]
Download this file (11. Comunicación altas Vivendas. Concellos.pdf)Comunicación altas vivendas[Comunicación altas vivendas]
Download this file (12. Comunicación altas Contratos.Concellos e Seguros.pdf)Comunicación altas contratos[Concellos e seguros]