^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Mércores, 15 Maio 2019 17:30

Día das Letras Galegas en Vincios

Este 19 de Maio, a partir das 12:00h no Centro Cultural de Vincios, Celebración do Día das Letras Galegas.
 
Con actuacións de baile e actuacións musicais.
Mércores, 15 Maio 2019 17:03

Ensinanzas de réxime especial

A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para o acceso a ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática, Estudos Superiores de Música e Estudos Superiores de Deseño.

Modelos de solicitude de comedor escolar (solicitude normal e de emerxencia social) e fichas de comedores para descarga e presentación.

 

Mércores, 08 Maio 2019 13:37

Programa de mobilidade trasnacional

A Xunta de Galicia convoca o programa de mobilidade trasnacional, para a realización de prácticas formativas non laborais.
 
REQUISITOS: ter 18 anos cumpridos, estar inscrito no programa de Garantía Xuvenil.
 

1.- Destinatarios/as

Destinado a persoas desempregadas preferiblemente empadroadas en Gondomar, con escasa experiencia laboral coa intención de ofertarlles unha oportunidade de conquerir un posto de traballo.

 

2.- Requisitos imprescindibles para participar no proceso de selección do alumnado:

- Atoparse inscrito/a na oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego

- Posuir como titulación mínima o graduado escolar ou equivalente

- Presentar en tempo e forma a solicitude de participación e a totalidade da documentación requerida

Quedan reservadas duas prazas para persoas con discapacidade igual ou superior o 33%, para elo os candidatos deberán presentar, ademáis da documentación xeral da inscrición, o recoñecemento oficial da discapacidade e informe médico da compatibilidade da mesma coa profesión.

 

puntuará segundo os seguintes aspectos:

  • Empadroamento en Gondomar: puntuarase as persoas que estéan empadroadas en Gondomar.
  • Tempo en desemprego: beneficiaranse ás persoas que leven máis de 6 meses desempregadas, para elo terase en conta a data que figure na súa tarxeta de demanda de emprego do SEPE.
  • Experiencia laboral: Trátase de facilitar a entrada no mercado laboral dos veciños/as con menos experiencia laboral de xeito que o curso poida ser unha vía de acceso a esas persoas con escasa ou nula experiencia, para esto terase en conta a vida laboral actualizada que se aporte.

O Concello de Gondomar organiza un curso de aprendizaxe de operacións básicas de carnicería e charcutería.

Podes inscribirte descargando e presentando o anexo de inscrición na OMIX.

 

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas a consecución de melloras nas competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.

REQUISITOS: Alumnado de 3º e 4º da ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos de Galicia que estean matriculados no curso 2018/19.

Informa DOG 24/04/2019 ou https://www.edu.xunta.es/axudasst

Convócanse as prazas para os campamentos da Xunta de Galicia. Programación de actividades de tempo libre de calidade que se distribúe en campamentos en Galicia e noutras comunidades Autónomas e mediante procedemento xeral ou de inclusión( mozos/as que teñan unha discapacidade igual ou superior o 33%).

Mércores, 10 Abril 2019 10:33

Axudas para actividades deportivas en 2019

Deputación Pontevedra abre mañá e ata o 9 de maio o prazo de solicitude das axudas para actividades deportivas en 2019. Están destinadas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro da provincia e contan cun orzamento de 500.000€

Martes, 09 Abril 2019 20:28

IX Campus Multideporte Semana Santa 2019

IX Campus Multideporte Semana Santa 2019.
70 prazas disponibles para participar no Campus Multideporte de Semana Santa os días 15, 16 e 17 de abril.
Prazo de inscripción ata o 11 de abril.
campus multideporte.jpg
Página 58 de 98

Rss