1.- Destinatarios/as
Destinado a persoas desempregadas preferiblemente empadroadas en Gondomar, con escasa experiencia laboral coa intención de ofertarlles unha oportunidade de conquerir un posto de traballo.
2.- Requisitos imprescindibles para participar no proceso de selección do alumnado:
- Atoparse inscrito/a na oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego
- Posuir como titulación mínima o graduado escolar ou equivalente
- Presentar en tempo e forma a solicitude de participación e a totalidade da documentación requerida
Quedan reservadas duas prazas para persoas con discapacidade igual ou superior o 33%, para elo os candidatos deberán presentar, ademáis da documentación xeral da inscrición, o recoñecemento oficial da discapacidade e informe médico da compatibilidade da mesma coa profesión.
puntuará segundo os seguintes aspectos:
- Empadroamento en Gondomar: puntuarase as persoas que estéan empadroadas en Gondomar.
- Tempo en desemprego: beneficiaranse ás persoas que leven máis de 6 meses desempregadas, para elo terase en conta a data que figure na súa tarxeta de demanda de emprego do SEPE.
- Experiencia laboral: Trátase de facilitar a entrada no mercado laboral dos veciños/as con menos experiencia laboral de xeito que o curso poida ser unha vía de acceso a esas persoas con escasa ou nula experiencia, para esto terase en conta a vida laboral actualizada que se aporte.