^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Recentemente a empresa GAU Gabinete de Arquitectura e Urbanismo SLp foi seleccionada para levar a cabo a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Gondomar.


Moitos de vos xa tedes contactado con nos para achegarnos información e datos concretos de mobilidade e mesmo accesibilidade, especialmente nos centros educativos. Outros tedes participado na enquisa online que temos en redes sociais así como na web do concello.

 

O vindeiro dia 27 de xuño, as 19.30, xoves, no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar faremos unha primeira presentación dos obxectivos e metodoloxía do Plan. É moi útil a vosa participación neste evento para seguir avanzando no mellor Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Gondomar.

 

Gau  Arquitectura e Urbanismo SLp
rúa Círculo das Artes 18, 27002 Lugo
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
https://twitter.com/GondomarPmus
https://www.facebook.com/PmusdeGondomar/
Enquisa: https://goo.gl/forms/YgGkxPrkkNGUh1B12

 

Luns, 10 Xuño 2019 12:07

Probas acceso ensinanzas deportivas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio ou superior nas modalidades de fútbol, fútbol sala, balonceso, balonmán, atletismo e vela.

Prazo de inscrición ata o 10/07/2019 nos centros do anexo IV.

Listaxe definitivo de admitidas/os Gondoverán 2019.

Martes, 28 Maio 2019 13:30

Listaxe provisional Gondoverán 2019

Listaxe provisional de admitidas/os Gondoverán 2019.

 

 

Luns, 27 Maio 2019 19:28

A saúde oral na vida da muller

Segunda charla-taller "A saúde oral na vida da muller", o próximo venres 31 maio ás 19:00h.

 

Charla enmarcada dentro do ciclo de charlas organizadas dende a Concellería de Igualdade a través do CIM.

Venres, 24 Maio 2019 20:01

Actividades de verán

Oferta de actividades para este verán dende a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar.
 
Inscricións telefónicamente a partir do 1 xuño no 986 369 746

O Luns 20 de Maio o Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, realizou unha visita guiada co CEIP Serra Vincios pola Parroquia de Chandebrito. En total eran 40 rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria que se achegaron a este fermoso recanto para coñecer os seus importantes recursos.

O itinerario comezou nas inmediacións do castro de Chandebrito, onde se lles dou a benvida, e seguidamente percorreuse parte da ruta sinalizada visitando importantes elementos etnográficos entre os que destacan o senlleiro muíño das Chans, e a presa da Lapela.

Fíxose un momento de reflexión no Bosque da Memoria, en lembranza aos incencios acontecidos neste lugar, e observouse as repoboacións forestais de diferentes especies autóctonas que alí plantaron diferentes colectivos. Seguidamente subiuse ata o Castro para que observaran o maravilloso entorno e tiveran información sobre el e a cultura Castrexa. 

Ao remate da volta ao castro, unha veciña do lugar, Olivia Pérez amosoulles aos rapaces un dos muíños do Requeiro que aínda está en funcionamento, e os cativos puideron observar todas as partes das que se compón e como era a actividade da moenda antano.

Rematou o itinerario coa visita ao Petroglifo do Rabete, importante pegada da arqueoloxía de Chandebrito.

O grupo amosou gran interese no itinerario realizado, xa que combina diferentes recursos do patrimonio como natureza, etnografía e arqueoloxía.

Luns, 20 Maio 2019 12:18

Campus deportivos

A Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, en colaboración cos clubs deportivos, poñen en marcha distintos campus entre os meses de xuño e setembro, tenis, baloncesto, patinaxe artística, tenis de mesa, fútbol sala, tiro con arco, fútbol, ximnasia acrobática, balonmán, atletismo, bolos celta, iudo, skate camps e xadrez.

Apúntate no pavillón ou preferiblemente nos clubs.

campus deportivos concello 2019.jpg

A Consellería de Política Social lanza 216 prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería para o curso 2019/20.
Estableceranse as bases reguladoras para a adxudicación de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de concorrencia competitiva. Prazas para estudantes e prazas para traballadores/as, con idades entre 18-30 anos durante un período máximo de 11 meses.
 
residencia.jpg
Mércores, 15 Maio 2019 17:38

Día das Letras Galegas en Borreiros

Celebración do Día das Letras Galegas no Centro Cultural de Borreiros.
 
Este 17 de maio a partir das 18:00h, con actuacións musicais.
Página 57 de 98

Rss