^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Así queda o sentido do tráfico no novo PLAN DE SEGURIDADE E TRÁFICO da Praza Rosalía De Castro despois da inauguración do novo aparcadoiro.

Mércores, 14 Agosto 2019 10:49

Programa "Descubre Gondomar"

O programa "Descubre Gondomar" arrancou con exito, o pasado día 6 de agosto, persoas de todas partes participaron na visita guiada ó Pazo de Gondomar.



Mércores, 14 Agosto 2019 10:31

Exposición "Rompe. Xoga en Igualdade"

Inauguración da exposición "Rompe. Xoga en Igualdade" das artistas Isabel Blanco e Irene Silva, que se poderá ver no Centro Neural ata o 16 de setembro. A exposición utiliza un dos "iconos" dos xoguetes para nenas para denunciar a carga sexista que seguen tendo os xoguetes.

Horario de 11:00h a 14:00h tódolos días da semana, e martes e xoves tamén pola tarde, de 17:00h a 20:00h.

Mércores, 14 Agosto 2019 10:21

Festa infantil: hinchables e festa da escuma

Festa infantil con hinchables e escuma que celebrada no Parque da Coelleira

Xoves, 08 Agosto 2019 14:11

Becas Mec 2019/2020

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca becas e axudas o estudo correspondente ó curso 2019/20 para todos aqueles alumnos que cumpran coas condicións mencionadas.

Prazos de solicitude: -Enseñanza postobligatoria ata o 01/10/2019

                                  -Enseñanza universitaria ata 15/10/2019

Solicitude por vía telemática: www.educacionyfp.gob.es

Xoves, 01 Agosto 2019 13:29

Descubre Gondomar - Visita Guiada

Ven a descubrir Gondomar. Súmate ás visitas guiadas organizadas pola Concellería de Turismo os días 6, 13, 22 e 27 de Agosto.

Con saída dende a Praza da Paradela ás 18h. Inscripción aberta chamando ó 986 384 020.

Martes, 23 Xullo 2019 14:58

Gran Sardiñada A Xunqueira en Borreiros

O sábado 27 de xullo, Gran Sardiñada A Xunqueira en Borreiros.
 
Esperámosvos a todos para disfrutar das sardiñas, e o chouripan a partir das 19:00h.
 
Mércores, 17 Xullo 2019 10:49

Programación cultural de verán 2019

Programación cultural de verán 2019

A especialidade de promoción turística do OE Valmiemprega III, realizou as dúas primeiras visitas guiadas, das tres que se programaron, centradas no trazado do Camiño Portugués da Costa por Valmiñor.
 
O día 10 levouse a cabo o itinerario polo municipio de Baiona dende a Praza de Santa Liberata ata a Ponte da Ramallosa, facendo diversas paradas para explicar os diferentes elementos patrimoniais como as igrexas, o casco histórico, o cruceiro da Santísima Trinidade, a Pote Vella e a Ponte Nova de Sabarís, para rematar na Ponte medieval de Ramallosa.
 
O día 12, o itinerario continuou polo trazado do camiño a través de Nigrán, partindo da Ramallosa, Pías, o Pazo da Reboleira, a Igrexa de San Pedro da Ramallosa, rematando finalmente no Pazo de Cea.
 
O vindeiro xoves 18, ás 10.00 da mañá terá lugar a última das rutas históricas a través dos vellos camiños a Compostela, neste caso farase un percorrido dun tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte, dende o Pazo do Conde ata a Igrexa de Vilaza. Aínda quedan prazas libres, e os interesados poden inscribirse no teléfono 986 384 020.
 
Mércores, 10 Xullo 2019 12:05

Zumba ao aire libre

O Concello de Gondomar e a Concellaría de deportes organizan unha xornada de "Zumba ao aire libre". 

A actividade realizarase os días 16, 23 e 30 de xullo e o 6, 13, 20 e 27 de agosto.

 

Página 55 de 98

Rss