Inauguración da exposición "Rompe. Xoga en Igualdade" das artistas Isabel Blanco e Irene Silva, que se poderá ver no Centro Neural ata o 16 de setembro. A exposición utiliza un dos "iconos" dos xoguetes para nenas para denunciar a carga sexista que seguen tendo os xoguetes.
Horario de 11:00h a 14:00h tódolos días da semana, e martes e xoves tamén pola tarde, de 17:00h a 20:00h.