^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Martes, 07 Setembro 2021 11:02

FIN DE SEMANA DE ÉXITOS DEPORTIVOS

photo_2021-09-06_12-56-52.jpg

photo_2021-09-06_14-14-48.jpg

Os bolos celtas deron unha nova alegría a Gondomar ao facerse coa victoria do Campionato de España de bolos Celta por equipos de primeira categoría o Club Xunqueira de Gondomar. Parabéns !!

Éxito tamén para a nosa veciña María Isabel Sánchez, do Club de bolos de San Miguel de Gondomar, que xunto á súa compañeira do Club de bolos os Serenos de Tieno-Asturias, lograron o bronce no campionato de España por parellas. Bravo campioas!!!

#Gondomar #deporteetradicion ???

​Desde a concellería de Benestar insístese na necesidade de que todos os usuarios do servizo déanse de alta antes de iniciar o curso, así como que os demandantes do Servizo pasen polas dependencias municipais para comprobar se llo adxudicaron ou non. 

 ​A súa instalación é moi intuitiva e unha vez accédese ao rexistro da aplicación os usuarios deberán introducir o DNI e o correo electrónico (de nai ou pai) tras o que aparecerán datos para a súa confirmación ou modificación, aceptando a operación unha vez concluída para activala. No caso de novos usuarios tras completar eses mesmos pasos deberán introducir un código que se lles remitiu por carta.

​Calquera dúbida ou dificultade que poida xurdir poderase liquidar a través docorreo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., para garantir que o servizo está correctamente instalado, ao ser unha das condicións que se impoñían nas bases de concesión das subvencións municipais para optar ao comedor escolar. 

​Con “Colechef” búscase centralizar nunha única aplicación toda a información e xestión dos comedores escolares, facilitando a relación con titores e titoras. Ofreceraseinformación detallada de cada neno ou nena de forma visual, sobre os menús que se serven diaria e mensualmente, cos datos nutricionais e alérxenos de cada un deles.

​Por outra banda, poderanse coñecer de primeira man as propostas de menú adaptado ás intolerancias alimentarias ou dietas especiais que os pequenos ou pequenaspoidan requirir no algún momento. Tamén se poderán consultar rectas equilibradas para as ceas e recomendacións de xantares saudables.

​Ademais, permitirá realizar as xestións de forma rápida, tanto as puntuais oufrecuentes como as que xorden de maneira inesperada; rexistrarse para iniciar algún dos servizos, comunicar altas, baixas ou modificacións ou xestionar a asistencias extra ouausencia ao comedor.

A actividade, organizada e financiada polo Concello de Gondomar, propón percorrer o Camiño portugués pola costa en catro etapas que permitirán aos participantes recibir a Compostela unha vez cheguen a Santiago.

 Ben cedo e con moitas ganas de gozar da experiencia os algo máis  50 peregrinos que se sumaron á actividade, organizada pola Concellería de Turismo,  poñíanse en marcha desde o Auditorio Municipal Lois Tobío para cubrir a primeira etapa Gondomar-Vigo, na que percorrerán un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que seguirán xa durante toda a peregrinación.

Ese camiño, de algo mais 100 quilómetros, é o que cubrirán en catro etapas na que cada sábado de setembro percorrerán preto de 30 quilómetros como media, cubrindo así a segunda etapa o día 11 de setembro o tramo Vigo-Pontevedra; o día 18 de setembro, Pontevedra-Valga e,  finalizar, o  día 25 de  setembro  cubrindo ou tramo  Valga-Santiago de Compostela.

Cada  xornada un autobús desprazará aos participantes desta actividade ata o seu regreso a Gondomar  unha vez completada cada etapa, e viceversa. Ademais irán acompañados en todo momento de vehículos de apoio loxístico, persoal da organización por calquera imprevisto que poida xurdir e contarán con varios puntos de refresco, con froita, auga e doces.

Dende a concellería lémbrase que, como en todas as actividades que se veñen realizando dende o goberno, respectaranse en todo momento as medidas de prevención fronte a Covid, e para seguir garantindo a seguridade, facilitaráselle unha mascara a cada peregrino antes de cada etapa.

A organización deste evento responde á demanda que moitos veciños e veciñas fixeron chegar a concellería interesados en facer o Camiño de Santiago coincidindo co ano Santo, percorrido “que en cada etapa cubriremos sempre tendo as características e necesidades do grupo”.

5c8f62aa-c10c-4976-af64-757fcfd59871.jpg

04785501-f6bf-4507-a348-7f47e4c832ab.jpg

35aea7d6-3e38-41cc-9c60-ceb01d65fa52.jpg

5d3ed271-b542-45bd-a23c-09faf399fcee.jpg

39ab8861-ddfa-4f7e-8a14-49f7a2578fcb.jpg

Durante toda a fin de semana o concello de Gondomar será a sede da Danza coa presenza de artistas e compañías que participan no programa de o Festival de Danza Corpo a Terra que chega a súa décima primera edición. O fa estreando ubicación despois de unha década instalado en Ourense e desprazándos agora ata o concello de Gondomar.

Durante dous días poderemos gozar das diferentes expresión artísticas que a danza propón e presenciar representación nomidadas a sete premios Max ou que a súa estrea é aquí en Gondomar. As entradas podedes reservalas na páxina htpss:/ taquilla.concellodegondomar.gal.  Consultade o programa e bulide¡¡

hl-3462406032.jpg

hl-3462406033.jpg

hl-3462406035.jpg

hl-3462406034.jpg

Máis de 150 persoas achegáronse hoxe ata a Praza Paradela para seguir en directo o debut da deportista nos Xogos Paralímpicos de Tokio.

 “Dános igual o resultado, xa é a nosa campioa”, así valorou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a actuación de Desirée Vila, veciña do municipio, nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020 na proba de salto de lonxitude  T63 na que quedou en sexto lugar. “É todo un exemplo a seguir e nosa mellor embaixadora algo que queremos recoñecer desde este goberno propoñendo que o pavillón municipal de deportes de Donas leve o nome de Desiré Vila”.

A esta proposta sumou o feito de propoñela como madriña da próxima Gala do Deporte “que esperemos poder celebrar con total normalidade xa o ano que vén”. O rexedor desexoulle todos os éxitos que “se merece esta gran persoa, exemplo de superación a seguir” e engadiu que “todos e todas a queremos moito, como proban as máis de 100 persoas que se reuniron hoxe aquí para animala desde a súa localidade”.

Familiares, amigos e representantes do goberno local seguiron desde as 12.00 do mediodía que se retransmitía a través dunha pantalla xigante en directo. Un público que lucía camisetas de apoio deseñadas pola concellería de Deportes e repartidas entre os asistentes que non se quixeron perder a competición de Desirée.

Unha situación que podería repertirse o vindeiro sábado, coincidindo co paso da Volta Ciclista de España polo municipio, se Desirée Vila logra clasificarse para a final dos 100 metros lisos, que se podería seguir, de novo, nunha pantalla xigante na Praza Paradela a partir das 13.30 horas.  

2O4A0702.jpg
  2O4A0678.jpg
 2O4A0793.jpg
2O4A0808.jpg
2O4A0801.jpg

 

 

 Cartel circo.jpg

Esta fin de semana os amantes da escena clown teñen unha cita nas noites de Gondocultura de Verán na primeira edición do Festival de Circo.

O venres 27 de Agosto, a partires das 21:00, VAIVENCIRCO estará actuando na Praza Paradela co espectáculo “Esencial”. Un espectáculo de transicións, no que cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras, levaránnos a lugares recónditos nos que a decisión vital será toma-lo camiño máis simple.

O sábado 28 de Agosto, son LA GATA JAPONESA quen co espectáculo “Los viajes de Bowa” estarán ás 21:00 na Praza Paradela. Bowa, é nómade, orfa de raíces e de soños; mírase guiada por unha obsesión: descubrir que hai tralas mensaxes encerradas en botellas lanzadas ao mar. Un novo lugar no que enterrar as súas raíces e botarse a voar. Maxia, equilibrios, acrobacias aéreas, humor e poesía serán os compañeiros de Bowa nesta viaxe

E o domingo 29 de Agosto, ás 21:00 a BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS combina o seu traballo con PISTACATRO para pechar unha fin de semana chea de risas e números circenses con “Orquestra Malabares” en Gondomar.

ORQUESTA DE MALABARES é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e a música a cargo da Banda Agrupación Musical de Vincios. Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo.

 Que ninguén esqueza reservar as entradas gratuitamente na web

https://taquilla.concellodegondomar.gal/

 Os amantes da danza e artes corpóreas, tamén terán o seu espazo na primeira fin de semana de setembro en “Corpo a Terra” que nos próximos días darase a coñecer toda a súa programación

 

FOTO 3.jpg

 FOTO 1.jpg

A música pop rock dos últimos tempos dase cita en Gondomar esta fin de semana a través das versións dos grupos Dr. Slump, Mitic El Espectáculo e Argonat Band

 

Fin de semana musical de versións pop rock nas noites de Cultura de Verán en Gondomar.

O venres 20 de Agosto, a partires das 22:30, DR SLUMP estará actuando na Praza Paradela.

O sábado 21 de Agosto, MITIC EL ESPECTÁCULO estará ás 22:30 naspistas de AS CERCAS

E o domingo 22 de Agosto, ás 22:30 a banda de acordeóns ARGONAT BAND pechará unha fin de semana chea de música en Gondomar

 

Que ninguén esqueza reservar as entradas gratuitamente na web

https://taquilla.concellodegondomar.gal/ !!

 
 
photo_2021-08-13_14-24-46.jpg

MANCOMUNIDADE CONCELLOS DO VAL MIÑOR

 O presidente da Mancomunidade do Val Miñor,o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos rexedores dos outros Concellos que integran esta entidade, Carlos Gómez, rexedor de Baiona, e Juan González, alcalde de Nigrán, xunto a xefa territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, Marta Mariño, inauguraron esta mañá o obradoiro “Pedras do Miñor”, enmarcado no Plan de Garantía Xuvenil, cofinanciado por l Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego xuvenil, cunha dotación de preto de 369.493 euros.

Todas eles deron a benvida aos 16 alumnos, de idades comprendidas entre os 16 e 29 anos seleccionados para o taller, que se desenvolverá en dúas modalidades: albañilería e cantería. Coincidiron en destacar a importancia desta oportunidade porque “vai máis aló dun simple obradoiro de emprego porque ofrécevos poñer en práctica o aprendido, traballando con nós nos concellos, e desta forma gañar a experiencia precisa para ter máis facilidades á hora de acceder ao mercado laboral”.

Por último, alcaldes e Marta Mariño coincidiron en suliñar a importancia de establecer “pontes entre as administracións e a máxima colaboración, como é o caso, para favorecer políticas activas de emprego, ferramentas que permitan que os nosos mozos poidan acceder ao mercado laboral e responder as súas demandas, loitando contra as altas taxas de desemprego xuvenil que rexistra o noso país”. 

 Formación dual

O taller, cunha duración de 12 meses, axústase á fórmula dual que alterna a práctica profesional que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Estes programas de emprego contemplan un contrato polo que os participantes percibirán o salario mínimo interprofesional, subvencionado ao 100% pola Xunta de Galicia. 

As clases teóricas do obradoiro desenvolveranse durante os seis primeiros meses no Multiusos “Ángel Bedriñana” en Baiona, a cargo do equipo directivo integrado por 1 docente por modalidade, unha directora e unha administrativa. Unha vez finalice esta primeira fase, o alumnado fará as prácticas nos Concellos da Mancomunidade.

 Así en Gondomar está previsto que acometan o acondicionamento de varios lavadoiros tradicionais e a construción de baños con accesibilidade en dependencias municipais. No caso de Nigrán traballarán na rehabilitación do Lavadoiro de Sancho, mentres que en Baiona acondicionarán a zona de acceso do aparcadoiro do campo do Aral, o Paseo Monteboi e acometerán diversas melloras no multiusos Bedriñana.

 

 

 

228207001_2889140648015145_4618543670973060818_n.jpg

236152938_2889157968013413_4435704855929444787_n.jpg

234442724_2889157501346793_7556003629921486175_n.jpg

 

Esta actuación enmárcase no proxecto do goberno que dirixe Paco Ferreira de dar continuidade ás humanizacións desenvoltas en diversas rúas do municipio, acometendo a reestruturación dos accesos dotándoos de beirarrúas e servizos adecuados. 

 Gondomar inaugurou a segunda fase da mellora do camiño de Sequeirós coa actuación acometida sobre a coñecida como “Estrada de Rasas” na que se executaron, básicamente, as obras de reposición do pavimento asfáltico. Complétase así o proxecto iniciado coas obras no tramo do camiño de Sequeirós co cruzamento coa PO-340, no que se ampliara, na primeira fase, o espazo pola marxe dereita dotándoo de beirarrúas e ampliando o ancho de calzada que “era escaso facendo o paso de vehículos moi axustado, e moi difícil para os peóns”.

“A comodidade e seguridade da nosa veciñanza sempre priman nas nosas actuacións, como a do camiño de Sequeirós que agora completamos con esta segunda fase. Trátase de aos poucos adecuar todas as nosas infraestruturas, os nosos camiños ás necesidades veciñais, pero tamén aos obxectivos que marcan as directrices europeas, como a sustentabilidade ou a mobilidade”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira.

Actuación

Cun orzamento de 135.365 euros, a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial, e un prazo de execución de dous meses, o proxecto englóbase “dentro das actuacións coas que dar continudidade ás humanizacións plantexadas en diversas rúas do municipio, pero sen esquecer acometer a mellora das estradas e camiños, de comunicación entre as parroquias e no interior de todas elas como un conxunto”.

Nesta segunda fase os traballos centáronse na mellora da pavimentación da estrada, así como a drenaxe e a seguridade vial, á vez que “búscase dotar dunha impronta proia as rúas da vila”.

A actuación finalizada incluiu a pavimentación da capa de rodadura así como os  saneamentos precisos para o apoio das  cunetas de adoquins e sobreanchos para  manter a sección tipo establecida. Para elo, entre outras accións, procedeuse á roza e limpeza de vexetación en nas marxes, escavación de terras para cajeado, canalización de augas pluviais con tubería de hormigón e instalación de sumidoiros arqueta con reixa para recoller as citadas augas. 

Ademais da posta en rasante de tapas de pozos e arquetas, a obra completouse coas sinalizacións verticais e espellos de tráfico, soterramentos dos servizos aéreos da zona, pintura do vial e localización de pasos de peóns. 

photo_2021-08-11_12-07-05.jpg

 

O proxecto convértese nunha iniciativa pioneira na que tamén se quere dar o espazo necesario ás mascotas que, nos últimos anos, multiplicaron a súa presenza nas nosas sociedades.

 “É unha gran satisfacción como alcalde poder inaugurar este gran espazo lúdico para a nosa cidadanía”, manifestou o rexedor de Gondomar Paco Ferreira, quen lembrou“que atende unha demanda de moitas persoas que reclaman lugares nos que sexa posible a convivencia de mascotas e os seus donos, co resto da poboación”. Obxectivo que entende “sitúanos no camiño marcado desde a Unión Europea de fomentar a construción e desenvolvemento de cidades máis sostibles e inclusivas”.

​O proxecto do parque lúdico canino, redactado polo arquitecto Pedro González Souto, cun prazo de execución de dous meses e un investimento de 84.920 euros, a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedradesenvolveuse sobre o solar municipal da Avenida Curros Enríquez onde estaba proxectado o polémico tanque de tormentas da Xunta de Galicia para o municipio. 

​En total actuouse sobre unha superficie de 3000 metros cuadrados que unha parte importante destinouse ao recinto específico para as mascotas, e o espazo restante a “un parque con tramos diferenciados cun merendero, unha pérgola e unha zona cuncircuíto biosaudable”.

​Parque canino 

 O parque canino dotarase de diferentes elementos como aneis de salto, mesas caninas, pasos, ramplas ou corredores para os cans que darán forma a un circuíto“Agility”, modalidade que combina a disciplina e o deporte a través dun percorridocomposto por eses elementos que os animais deberán superar acompañados polos seusdonos, preparatorio en moitas ocasións para distintas competicións dos animais.

O recinto estará valado para posibilitar que os cans poidan estar soltos no seuinterior e tamén dispoñerá, ademais das zonas verdes, dun amplo areal para os animais. Un parque que, tal e como explicou o rexedor, “terá unha orientación pedagóxica para que todo o que teña un animal saiba como actuar con el” para o que se estuda a posibilidade de impartir cursos gratuítos de adestramento con especialistas.

 Lugar de convivencia

 O alcalde subliñou a importancia e o ambicioso do proxecto porque está pensado para todos e todas, polo que tamén se contempla a construción dun roteiro biosaudableque estará dividida en tres subzonas, unha adaptada, outra para dúas persoas e, finalmente, unha que dará cabida a sete usuarios simultaneamente.

​Complétase esta superficie cunha unha zona destinada ao descanso e esparexemento dos viandantes, na que se instalaron mesa tipo merendero, unha pérgola e mobiliario urbano adaptado ao proxecto como bancos e papeleiras ao longo de todo o percorrido no que se instalarán catro fontes e a correspondente iluminación.

​“É un gran paso o que damos con esta obra, pero o primeiro dun proxecto máis ambicioso como é a construción dunha senda fluvial”, lembrou Paco Ferreira, que confía que pronto sexa unha realidade o acondicionamento da marxe fluvial do Miñor que partirá desde o recentemente estreado parque lúdico canino ata a ponte románica de Mañufe, con 1,2 quilómetros de lonxitude.  

 

Página 14 de 98

Rss