Os bolos celtas deron unha nova alegría a Gondomar ao facerse coa victoria do Campionato de España de bolos Celta por equipos de primeira categoría o Club Xunqueira de Gondomar. Parabéns !!
Éxito tamén para a nosa veciña María Isabel Sánchez, do Club de bolos de San Miguel de Gondomar, que xunto á súa compañeira do Club de bolos os Serenos de Tieno-Asturias, lograron o bronce no campionato de España por parellas. Bravo campioas!!!