^ Ir arriba

novas

Domingo, 15 Agosto 2021 11:57

A Mancomunidade do Val Miñor inaugura o obradoiro “Pedras de Miñor” dirixido a menores de 30 anos

 
 
photo_2021-08-13_14-24-46.jpg

MANCOMUNIDADE CONCELLOS DO VAL MIÑOR

 O presidente da Mancomunidade do Val Miñor,o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos rexedores dos outros Concellos que integran esta entidade, Carlos Gómez, rexedor de Baiona, e Juan González, alcalde de Nigrán, xunto a xefa territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, Marta Mariño, inauguraron esta mañá o obradoiro “Pedras do Miñor”, enmarcado no Plan de Garantía Xuvenil, cofinanciado por l Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego xuvenil, cunha dotación de preto de 369.493 euros.

Todas eles deron a benvida aos 16 alumnos, de idades comprendidas entre os 16 e 29 anos seleccionados para o taller, que se desenvolverá en dúas modalidades: albañilería e cantería. Coincidiron en destacar a importancia desta oportunidade porque “vai máis aló dun simple obradoiro de emprego porque ofrécevos poñer en práctica o aprendido, traballando con nós nos concellos, e desta forma gañar a experiencia precisa para ter máis facilidades á hora de acceder ao mercado laboral”.

Por último, alcaldes e Marta Mariño coincidiron en suliñar a importancia de establecer “pontes entre as administracións e a máxima colaboración, como é o caso, para favorecer políticas activas de emprego, ferramentas que permitan que os nosos mozos poidan acceder ao mercado laboral e responder as súas demandas, loitando contra as altas taxas de desemprego xuvenil que rexistra o noso país”. 

 Formación dual

O taller, cunha duración de 12 meses, axústase á fórmula dual que alterna a práctica profesional que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Estes programas de emprego contemplan un contrato polo que os participantes percibirán o salario mínimo interprofesional, subvencionado ao 100% pola Xunta de Galicia. 

As clases teóricas do obradoiro desenvolveranse durante os seis primeiros meses no Multiusos “Ángel Bedriñana” en Baiona, a cargo do equipo directivo integrado por 1 docente por modalidade, unha directora e unha administrativa. Unha vez finalice esta primeira fase, o alumnado fará as prácticas nos Concellos da Mancomunidade.

 Así en Gondomar está previsto que acometan o acondicionamento de varios lavadoiros tradicionais e a construción de baños con accesibilidade en dependencias municipais. No caso de Nigrán traballarán na rehabilitación do Lavadoiro de Sancho, mentres que en Baiona acondicionarán a zona de acceso do aparcadoiro do campo do Aral, o Paseo Monteboi e acometerán diversas melloras no multiusos Bedriñana.