A Concellería de Cultura, educación e ordenación universitaria convoca con carácter gratuíto e voluntario cursos de Lingua Galega preparatorios para as probas nas que se obteñen os certifcados de lingua galega.
A Deputaciónd de Pontevedra convoca 25 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou mellora coa fnalidade de completar a súa formación na área de xestión de residuos orgánicos de orixe doméstica de cara a súa incorporación como mestres/as composteiros.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 200 axudas para estadías nalgún Estado menbro da UE.
A Dirección Xeral de Xuventude participación e voluntariado da Consellería de Política Social convoca o Programa "Xuventude no mundo" edición 2018.
A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca as probas para obtención do título de gradudado en educación secundaria obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos.
A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca as probas para obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos no ano 2018.
A Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria convoca axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula do curso 2017/18 do alumnado de 2º e posteriores cursos matriculados en estudos universitarios oficiais do Sistema Universitario de Galicia nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos establecidos polo Real Decreto 1000/2012 do 29 de xuño.
O Instituto Galego das cualificación da dirección xeral de orientación e promoción laboral convoca en Galcia o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas
a través da experiencia laboral ( Nivel 2-3 competencias deben xustificar 3 anos de experiencia cun mínimo de 2.000h traballadas nos últimos 10 anos) ou da formación non formal ( nivel 2-3 competencias deben xustificar polo menos 300h nos últimos 10 anos).
A comisión interuniversitaria de Galicia convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 e 45 anos que non posúan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outras vías.
A Deputación de Pontevedra convoca unha bolsa de práctica laboral na Estación Fitopaloxíca de Areeiro.
A Xunta de Galicia e o Sistema de garantía xuvenil convocan cursos gratuítos con prácticas en empresas e certificado profesional oficial.
CONTIDO: para poder incrementar as posibilidades de atopar un traballo, este programa pon a disposición unha oferta formativa de calidade e gratuíta, orientada a actividades profesionais que están a xerar emprego, con prácticas en empresas que permiten entrar en contacto co ámbito laboral, e a obtención dun certificado profesional oficial que melloraría a vosa cualificación e empregabilidade. REQUISITOS: ter menos de 30 anos, estar en situación de desemprego, estar inscrito/a no servizo público de emprego e estar rexistrado/a no Sistema de Garantía Xuvenil (para rexistrarte no Sistema Garantía Xuvenil podes facelo no teu punto SIJ na Omix de Gondomar ). PRAZO: se cumpres estes requisitos e che interesan os cursos tes que ir a túa oficina de emprego para solicitalo. TES ATA 26 DECEMBRO 2017. CURSOS PONTEVEDRA: INFO: Oficinas de emprego Servizo Orientación e Promoción laboral Vigo : 986.817.064 986.817.087
Dende o Concello de Gondomar e a Concellería de Xuventude queremos facerlle chegar a mocidade a mensaxe de que non existen vacinas nin tratamentos curativos contra a SIDA, as enfermidades de transmisión Sexual ou embarazos non desexados. O único aliado é a PREVENCIÓN. Sen medos, sen prexuízos, abre a caixa da prevención.
O programa Tecendo Lazos presente un novo obradoiro, nesta ocasión trátase de un abradoiro para facer xoguetes creativos con material de refugallo. Os xoguetes elaborados terán un fin social.