^ Ir arriba

Curso de Lingua de signos

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro Valverde informa que se abre o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar porá en marcha no mes de xullo o curso de lingua de signos dirixido preferentemente a mocidade do Concello de Gondomar. Con este curso queremos posibilitar os mozos e mozas o coñecemento da lingua de signos, amosarlles as dificultades do día a día das persoas con discapacidade auditiva e que se decaten de case todo na sociedade xira entorno o sentido do oído.
Dende esta concellería tentamos darlle a mocidade os medios para eliminar barreiras comuniticativas, que adquiran unhas habilidade básicas para poder socializar con iguais que teñan discapacidade auditiva ou que lles poida ser de utilidade para o seu futuro mundo laboral.
Para inscribirse deben cubrir unhas instancias e entregalas no rexistro do Concello de Gondomar do 12 ao 29 de xuño.
O curso será do 3 de xullo ao 2 de agosto en horario de mañá de 10:00h a 13:00h. Para calquera información chamar ao 986.369.746.

Documentación
Download this file (autorizacióndatos.pdf)Autorización datos[Autorización datos]
Download this file (SOLICITUDE CURSO.pdf)Solicitude Curso[Solicitude curso lingua de signos]
Download this file (MODELO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA  activa.pdf)Modelo de Solicitude[Modelo de Solicitude do programa]

 

jazz 3