^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira convocou dous cursos, un de Agricultura Ecolóxica e hortas comunitarias e outro sobre Cultivo de plantas aromáticas e medicinais. O primero de 60 horas e o segundo de 50 horas, dirixidos os veciños que se encontren empadroados no municipio; de quedar vacantes as demáis prazas serán cubertas con xente de concellos limítrofes.

Dende a Concellería de Igualdade que dirixe Nuria Lameiro e través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), poñenese en marcha estos cursos on-line gratuítos. A matrícula estará aberta dende o 7 ata o 14 de novembro; a duración dos cursos será entre 40 e 5 horas dependendo da temática.

Venres, 28 Octubro 2016 12:21

Presentación do libro "Contos pequenos"

A presentación desta obra, dirixida a escolares e a adultos, terá lugar o día 30 de outubro, domingo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar nun acto dirixido por Marta Dacosta que constará da lectura creativa de varios contos a cargo de alumnos do CEP “Neira Vilas” (Peitieiros), do CEP de Sabarís, dos alumnos Xián, Pablo e Antía, do grupo de teatro afeccionado “Xesta Vermella” (Borreiros) e de Paco Barreiro; haberá tamén un concerto do último citado, Paco Barreiro, cantante, músico, compositor e actor.

A concelleira de Igualdade, Deporte e Cultura Nuria Lameiro, anunciou hoxe que as subvencións de libre concorrencia publicaranse entre esta semana e a primeira de Novembro. Nuria recomenda as asociacions estar atentos a páxina Web, o tablón de anuncios e o facebook do Concello, lugares nos que sairán publicadas.

O Alcalde Francisco Ferreira e a concelleira de Obras, Iria Lamas, supervisaron a pé de rúa os traballos de limpeza de marquesiñas e sinalización do municipio debido ao mal estado no que se atopaban.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira clausurou a campaña de concienciación de reciclaxe, dirixida a máis de 100 alumnos dos distintos colexios do municipio (Souto Donas, Chano Piñeiro, …), levadas a cabo pola concellería de residuos sólidos urbanos que dirixe Iria Lamas e impartidas pola empresa encargada do punto limpo.

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), vaise a por en marcha un curso preparatorio para a proba libre para a obtención do título en ESO destinado a persoas maiores de 18 anos.

Hoxe celebrouse a entrega de premios da cuarta edición das Tapas Conde de Gondomar no Pazo do Conde.

Xoves, 22 Setembro 2016 17:52

Concerto do Cuarteto Caramuxo

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura, celebrerá o acto de apertura do novo curso 2016/2017 do Conservatorio Elemental de Música do Concello de Gondomar cun concerto do grupo de clarinetes: Cuarteto Caramuxo.

Martes, 20 Setembro 2016 21:50

Móllate polos ríos 2016

Durante a semana do 26 de setembro ao 2 de outubro, conmemorando os 10 anos de Proxecto Ríos, celebraranse no Concello de Gondomar unha serie de actividades.

Página 95 de 98

Rss