^ Ir arriba

Policía Local

Policía Local Concello de Gondomar

policia-local

  1. O Corpo da Policía Local do Concello de Gondomar é un Corpo de Seguridade cunha misión de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades, garantir a seguridade cidadá e colaborar na defensa do Ordenamento xurídico:
    estatal, autonómico e local.
  2. O Corpo da Policía Local de Gondomar é unha Forza e Corpo de Seguridade, como tal é un instituto armado de natureza civil, cunha estrutura e organización xerarquizada, cuns compoñentes que actuarán no ámbito territorial do municipio de Gondomar, agás nas situacións descritas no artigo 2 do presente Regulamento.
  3. Terán a consideración de auxiliares da Policía Local, os axentes que teñan asignadas misións de vixilancia en relación coas dependencias, edificios municipais e calquera outra misión de vixilancia que poida ser asignada polo Sr. Alcalde ou Concelleiro Delegado.