^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a María Victoria Moreno. O acto contará coa presenza da escritora Iria Misa e o escritor Miguel Anxo Mouriño, ambos os dous vinculados a Gondomar, e estará amenizado polo grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, “A vitoria da luz”, baseado en textos de María Victoria Moreno. No acto leranse poemas de María Victoria Moreno por parte de alumnas e alumnos do CEIP Neira Vilas e o IES Pl. Terra de Turonio, para lembrar a importancia da escrita para os máis novos e novas que foi tarefa central da escritora homenaxeada este ano. Durante todo o acto a pintora gondomaresa Irene Silva realizará un mural en directo. Deste xeito, palabra, música e pintura uniranse nesta festa da nosa lingua e a nosa literatura.

O acto comezará ás 19:30h na Praza da Paradela, fronte ao concello de Gondomar. En caso de choiva trasladarase ao Audotorio Lois Tobío.

Wednesday, 09 May 2018 11:07

Festa da Bicibleta 2018

O vindeiro 17 de maio terá lugar a 29 edición da Festa da Bicicleta do Valmiñor, ao longo dos tres Concellos.

Tuesday, 08 May 2018 12:08

Última prazas para a Ruta Colombina

O Concello de Gondomar, a través da Concelleira de Benestar Social que dirixe Rocío Cambra Castro, ten programada unha viaxe para persoas maiores de 55 anos, pola RUTA COLOMBINA, para as datas de 20 a 26 de maio.

 

 

 

 

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas e instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, Conservación Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática e Música.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas de acceso substiutvas do requisiio de tiulación (bacharelaio ou equivalenie, proba acceso universidade +25) para acceder as ensinanzas artístcas superiores de Música, Arie Dramátca, Deseño e Conservación /Resiauración de Bens Culiurais.

Unha moza deportista que, con 16 anos, prepara un Campionato de Europa. Un accidente, un tratamento incorrecto e, ao espertar, a adolescente pasa de practicar a diario ximnasia acrobática a usar muletas porque ten unha perna amputada.

O alumnado traballador da especialidade de Promoción turística do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, ven de realizar unhas actividades co CEIP Serra Vincios, co alumnado de 5º e 6º.

O luns 7 de Maio continuamos coas xornadas da Escola de Pais e Nais. Nesta sesión teremos unha charla para adultos impartida polo Cuartel da Garda Civil de Gondomar sobre “A Xestión das Redes Sociais” ás 18h na sala de Formación da Biblioteca Municipal de Gondomar.

Este venres poderemos desfrutar dun novo concerto programado pola Concellería de cultura, dirixido por Nuria Lameiro, enmarcado dentro das conmemoracións do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Esta vez será dedicado ao público infantil.

O alumnado-traballador da especialidade de Promoción turística local e información ao Visitante do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou o día 27 unha visita guiada co alumnado de 4º de educación primaria do CEIP CHANO PIÑEIRO arredor de Praia América.

Page 68 of 98

Rss