^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

Tuesday, 01 October 2019 10:46

Concerto Inédito "Unha Banda Con Raís"

Este domingo ás 18:00h, na Praza Paradela, concerto inédito "Unha Banda Con Raís"

Thursday, 26 September 2019 18:59

Día de loita contra a emerxencia climática

Este Venres 27 de setembro celébrase, na Praza Paradela, o día da loita contra a emerxencia climática. No marco deste acto celebraranse as seguintes actividades.

Este sábado, a partir das 12.00h do mediodía, a Praza da Paradela converterase no escenario sobre o que se vai a desenvolver a performance “Un xardín por (re)construír”, a cargo da compañía Aporía Escénica e que escenificará a directora e actriz, Diana Mera. Esta representación enmárcase dentro do programa Mulleres en acción. #Violenciazero, promovido pola Deputación de Pontevedra.

Con esta iniciativa o goberno de Gondomar suma unha ferramenta máis na súa loita contra a violencia de xénero e a condena aberta e rotunda a calquera acción relacionada con ela. O concello de Gondomar únese a esta iniciativa, nacida a fai catro anos, que busca trasladar a espazos públicos esta denuncia buscando á súa vez unha implicación directa e maior das cidadás e cidadáns.

 

Entrega de premios no XIX Torneo Aberto Internacional Concello de Gondomar

Wednesday, 25 September 2019 10:23

Trail Serra do Galiñeiro

A Serra do Galiñeiro, unha cita ineludible para os amantes do Trail.

Por noveno ano consecutivo o Concello de Gondomar acolle o "Trail Serra do Galiñeiro", que está enmarcado dentro da programación do circuíto "Galicia Máxica Trail Adventure 2019, que organiza tres probas en diferentes puntos da nosa comunidade, sendo "A Serra do Galiñeiro", unha proba que sempre repite. Coma en edicións anteriores a proba dividirase en dúas carreiras: Trail (30 kilómetros) e mini Trail (15 kilómetros). A elas sumarase a "Canitrail", cun percorrido de 9 kilómetros no que corredores e corredoras irán acompañados polas súas mascotas.

A saída, será este domingo a partir das 8:30h na Praza da Paradela, (praza do Concello), que será tamén a meta de chegada da carreira. 

¡Ánimo a todos e todas as participantes!

Monday, 23 September 2019 12:03

Convocatorias Probas Celga Niveis: 2 e 4

A Concellería de Cultura e Turismo, publicou no Diario Oficial de Galicia do 10/09/19, da Secretaría Xeral de Política Lungüistica, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de Lingua Galega, niveis celga 2 e 4, no ano 2019 (código de procedemento administrativo PL500C).

Toda a información atópase recollida no DOG que acompaña este anuncio.

Informa a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Gondomar. 

 

>> DESCARGAR CONVOCATORIA

 

 

 

A Asociación Cultural S. Vicente de Mañufe organiza a VI Mostra de Teatro Afeccionado "Mañufe Levanta o Telón". Tódolos sábados de outubro haberá unha obra de teatro no Centro Cultural de Mañufe.

 

Friday, 20 September 2019 14:52

Limpeza dos ríos con "Proxecto Ríos"

O Concello de Gondomar Súmase un ano máis á limpeza simultáneo do "Proxecto Ríos"

A defensa do noso entorno e da natureza é cousa de todos e todas. Por iso un ano máis colaboramos e sumámonos ó "Proxecto Ríos", que promove ADEGA. Anímate a participar, este 29 de setembro, nesta iniciativa que cumpre 12 edicións. 

Máis información:   Tel. 627 276 816  -  Email: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.


Remata o dispositivo de seguridade e tráfico da praza Rosalía De Castro, incluíndo unha nova zona de carga e descarga.

Así aumenta a seguridade viaria da praza, ordenase debidamente os sitios de aparcamento, habilitouse unha zona de carga e descarga para facilitar o transporte de mercancías ao pequeno comercio, sinalizando e balizando as interseccións para facilitar o xiro de camións e furgóns.

 

Thursday, 19 September 2019 14:27

Trofeos Bolos Celta

Entrega de trofeos os gañadores dos Bolos celtas.

Page 52 of 98

Rss