^ Ir arriba

novas

Thursday, 26 September 2019 13:09

Proxecto #Violenciazero, loita contra a violencia machista

Este sábado, a partir das 12.00h do mediodía, a Praza da Paradela converterase no escenario sobre o que se vai a desenvolver a performance “Un xardín por (re)construír”, a cargo da compañía Aporía Escénica e que escenificará a directora e actriz, Diana Mera. Esta representación enmárcase dentro do programa Mulleres en acción. #Violenciazero, promovido pola Deputación de Pontevedra.

Con esta iniciativa o goberno de Gondomar suma unha ferramenta máis na súa loita contra a violencia de xénero e a condena aberta e rotunda a calquera acción relacionada con ela. O concello de Gondomar únese a esta iniciativa, nacida a fai catro anos, que busca trasladar a espazos públicos esta denuncia buscando á súa vez unha implicación directa e maior das cidadás e cidadáns.