A Concellería de Cultura e o OMIX do Concello de Gondomar, dirixidas por Nuria Lameiro, presentan un cartel cheo de actividades programadas para todo o 2018.
O Conservatorio Elemental de Gondomar celebra un concerto conmemorando os 35 anos dende a súa creación, onde presentará a programación das actividades previstas para este ano 2018, chea de concertos, masterclass, e outras sorpresas.