^ Ir arriba

novas

Tuesday, 20 March 2018 10:52

35 Anos de historia do Conservatorio de Gondomar

O Conservatorio Elemental de Gondomar celebra un concerto conmemorando os 35 anos dende a súa creación, onde presentará a programación das actividades previstas para este ano 2018, chea de concertos, masterclass, e outras sorpresas.


No acto participarán Josefa Estarque coa presentación do seu libro "50 anos do Conservatorio de Vigo", Irene Silva, creadora do novo logo e rematará coa participación do coro e a orquestra do centro coa colaboración de exalumnos. O concerto terá lugar o mércores 21 de Marzo ás 20,00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Entrada gratuíta ata completar aforo.

IMG 5241