A XUNTA GALICIA .CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA abre o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º, 4º,5º e 6º Educación Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO; Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial, e Axudas para material escolar destinadas a alumnado de E.Primaria, ESO e E. Especial.
A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para posta en marcha de proxectos planifcados e desenvolvidos polos/as mozos e mozas de Galicia.
Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 18 ao 31 de maio, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 11º Certame Fotográfico do ano 2017. Esta exposición reflexan inquedanzas, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas e instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, Conservación Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática e Música.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas de acceso substiutvas do requisiio de tiulación (bacharelaio ou equivalenie, proba acceso universidade +25) para acceder as ensinanzas artístcas superiores de Música, Arie Dramátca, Deseño e Conservación /Resiauración de Bens Culiurais.
A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, propón a mocidade do Concello un Curso de animación Hospitalaria Infantil de 50h de formación. Trinta serán teóricas e serán do 24 de maio ao 8 de xuño en horario de mañá de 10:00 a 12:30h, e vinte horas serán prácticas concretándose data unha vez iniciado o curso.
O Instituto Galego de promoción económica IGAPE, convoca 40 bolsas para formar a especialistas no ámbito da internacionalización empresarial mediante bolsas de formación práctica en internacionalización con destino en organismos de promoción económica, centros de investigación en empresas de Galicia ou do estranxeiro, etc.
Convócanse os campos de traballo para mozos de 18 a 30 anos residentes en Galicia, que queiran participar como voluntarios/ as nun proxecto de dimensión social.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018.
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 700 bolsas para alumnos/ as de centros educatvos españois para a partcipación durante unha semana na recuperación e utlización educatva de pobos abandonados ( Granadilla, Búbal, Umbralejo) no período do 8 xullo ao 4 agosto. Con este programa preténdese un achegamento á vida rural dos mozos.
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 2.200 axudas para participar nun programa de inmersión Lingüística en inglés, en colonias de vacacións durante dúas semanas para alumnado matriculado en 1º e 2º dá ESO.
A Deputación de Pontevedra convoca 200 bolsas de práctica laboral nos concellos da Provincia de Pontevedra e na Deputación destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral no ámbito da súa titulación académica coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.
Eurolingua VENAIRLANDA convoca 20 bolsas con todo incluído, a excepción do billete de ida e volta para un programa de inmersión lingüística durante 2 semanas en Irlanda este verán, dirixidas a estudantes universitarios, ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.
A Consellería do Mar. Dirección xeral de desenvolvemento pesqueiro convoca os exames ordinarios teóricos e práctcos para a obtencións das ttulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náutcas na Comunidade Autónoma de Galicia.