Abrese o prazo de inscripción para a aula de teatro municipal de Gondomar do grupo de adultos.
Durante o mes de decembro está aberto o prazo de inscrición para todos os que queiran sumarse a esta iniciativa.
Esta actividad levase a cabo a través da súa Concellería de Cultura e coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Baixo o lema “Gondomar á escea” ponse en marcha un ano máis a aula de teatro dirixida a mozos de entre 11 e 25 anos do municipio. Durante o mes de outubro está aberto o prazo de inscrición para todos os que queiran sumarse a esta iniciativa da que xa formaron parte preto dun centenar de mozos.
O curso desenvolverase durante todo o ano, excepto o mes de agosto, os martes en horario de 18.30 a 20.30 horas. As clases impartiranse atendendo as diferentes formas de expresión que esta arte escénica permite, como son a danza, declamación, texto, musical, etc.
A aula de teatro « Xuvenil» tivo unha importante resposta nos últimos anos ao facilitar alternativas a mozas de Gondomar respondendo as súas demandas e inquietudes. Convértense as clases nun medio para dar renda solta ás emocións e desenvolver a creatividade das novas xeracións, á vez que lles permite explorar novas facultades propias e tamén opcións de futuro.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) recollerá as solicitudes dos mozos interesados en formar parte do elenco da aula de teatro xuvenil, financiada polo goberno local, a través da súa Concellería de Xuventude e coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
Máis información no teléfono 986. 369.746
A Concellería de Xuventude de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro Valverde, abre o próximo 28 de maio as inscricións para as actividades programadas para o verano. Actividades de índole moi variada, pero todas da man do ocio e a diversión.
“ Apúntate na Omix” ofrece a mocidade do Concello de Gondomar obradoiros de Ciberseguridade, Curso Skate, Taller de Educación Emocional, Actividade ocio nocturno e III Gladiator Kids. Estas actividades levaránse a cabo durante os meses de xuño, xullo e agosto. … Bótalle un ollo, píde información no 986.369.746 ou a través da nosa conta en Instagram @omixgondomar .
A información o teu alcance.
O alcalde Paco Ferreira, acompañado pola concelleira de Xuventude, Nuria Lameira, inaugurou hoxe o curso dirixido a mozos de entre 17 e 30 anos, veciños de Gondomar, cuxo obxectivo final e facilitarlle ferramentas para a súa inclusión no mercado laboral.
Unha quincena de mozos e mozas participarán nos próximos meses neste novo curso promovido a través da OMIX e que céntrase no proceso de "picking", é dicir, a selección de productos adquiridos por un cliente vía en liña, comprobrar o seu estado, preparalo, etiquetalo e embalalo para facelo chegar ao seu destino.
Recibirán unha formación de 100 horas (30 delas teóricas e 70 prácticas), adquirindo coñecementos básicos para este tipo de traballos e que busca facilitar a súa entrada no mercado laboral.
O departamento do goberno de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolverá unha acción formativa de preparador/ra en liña, respondendo á necesidade de persoal para atender o incremento do comercio online xerado pola pandemia.
A actividade dirixida á mocidade de entre 17 e 35 anos do concello de Gondomar busca dotar de formación básica a quen ocupará un posto nas novas profesións que están a aparecer no mercado e para as que non existe unha formación regrada pero si se precisan uns coñecementos básicos.
O prazo de inscrición para os interados/as permanecerá aberto desde este mércores, día 3 de marzo, ata o 16 de marzo, fixándose o inicio do curso o día 22 de marzo. Deberán presentar no Rexistgro Municipal ou a través da Sede Electrónica do concello a solicitude xunto os anexos dispoñibles en www.concellodegondomar.gal ou na oficina da Omix (que tamén se pode remitir a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.).
O alumnado recibirá unha formación de 100 horas (30 teóricas e 70 prácticas) nas que prepararanse para desempregar o proceso de “picking”, é dicir, selección de produtos adquiridos por un cliente vía online, comprobrar o seu estado, preparalo, etiquetalo e finalmente embalalos.
Detectar o acoso entre os máis novos e dar armas para distinguilo e loitar contra el é o obxectivo das diferentes actividades que se desenvolven nos institutos do municipio de Gondomar, dentro da política de colaboración do goberno local coas comunidades educativas.
Así dende a concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, e a través da Oficina Municipal de Información da Xuventude (OMIX) trabállase buscando a implicación directa coa mocidade, atendendo sempre as súas inquedanzas e necesidades, centrándose no seu paso pola ESO.
Así esta semana desenvolveuse no IES Auga da Laxe, a través do departamento de Oriención dentro do Plan de Acción Titorial, a iniciativa “Ciberacoso: a outra cara da brincadeira”, desenvolta pola psicóloga, orientadora e experta en adolescencia, Paula Rodríguez.
A profesional traballou co alumnado de 3º da ESO centrándose en dar visibilidade aos sentimentos dos mozos e mozas que sofren as burlas, o desprezo e acoso a través das redes sociais, con testemuñas e consecuencias destas accións.
A partir deste luns día 1 de xuño a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Gondomar recupera a atención presencial nas súas instalación, neste proceso de desescalada no que pouco a pouco imos todos voltando a "nova normalidade".
A actividade retómase no horario habitual de 08.00 a 14.00 horas sen esquencer o momento que estamos a vivir, polo que terán prioridade as consultas que se fagan vía telefónica (986 369 946), a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., ou, a través de instagram direct.
Os trámites que precisen ser atendidos de forma presencial se farán na oficina, ubicada na casa da Cultura, con CITA PREVIA e adoptando todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias: uso de máscara, lavar as mans con xel de hidroalcohol, e manter a distancia de seguridade interpersoal.
Lembrade mocidade, xa estamos de volta na OMIX¡
CONVOCA: AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA.
CONTIDO: convocase as probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática
( CODIX).
CONTIDOS PROBA: Sistema operativo, busca da información; Procesador de Textos; Follas de cálculo, Bases de datos; Presentacións gráficas.
REQUISITOS: persoas maiores da 16 anos, ou cumprilos antes de que finalice o prazo de inscrición, estar dado de alta como usuario da rede CEMIT e aboar a taxa de exame (10,37€).
PRAZO: solicitude participación na proba libre 21/10/2019
Información DOG 14/10/2019 Inscricións http://cemit.xunta.gal
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio ou superior nas modalidades de fútbol, fútbol sala, balonceso, balonmán, atletismo e vela.
Prazo de inscrición ata o 10/07/2019 nos centros do anexo IV.
A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para o acceso a ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática, Estudos Superiores de Música e Estudos Superiores de Deseño.
O Concello de Gondomar organiza un curso de aprendizaxe de operacións básicas de carnicería e charcutería.
Podes inscribirte descargando e presentando o anexo de inscrición na OMIX.