^ Ir arriba

Novas Comercio

Novas axudas aos sectores afectados pola crisis do COVID19

O obxecto das axudas reguladas nesta convocatoria é contribuír ao mantemento dos negocios, afectados pola pandemia, que representan unha parte esencial da economía, crecemento e desenvolvemento local.

A realidade socioeconómica pon de relevo que non só é importante dinamizar e tratar de que se cree o maior número de empresas posible senón tamén deseñar os mecanismos necesarios para que as empresas creadas poidan sobrevivir. Estas empresas son vitais para unha recuperación do emprego e esta debe ser unha prioridade fundamental.

O prazo para a entrega das solicitudes será do 1 ao 30 de abril, inclusive ambos.

Para calqueira duda poden contactar:

CDL Gondomar: 986 38 40 20

This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Abaixo poden descargar o documento coas bases.