^ Ir arriba

novas

Thursday, 27 September 2018 20:59

A CHAN DE VALVERDE, AGUA DA LAXE, ZONA ARQUEOLÓXICA

Estamos a uns 450m. Sobre o nivel do mar, a media ladeira da Serra do Galiñeiro, nun corredor natural, con dirección norte-sur que comunica o río Miño ó sur coa ria de Vigo ó norte, pasando pola cabeceira do Val do Miñor
e con amplas vistas sobre el.


Na zona hai localizados unha ducia de petróglifos, tres sitios con muíños naviculares de soporte fixo e tres mámoas -enterramentos-. A importancia do lugar venlle pola densidade de petróglifos con armas representadas, uns
oito, sabendo que en toda Galicia só o 1% das superficies con arte rupestre (uns 40), teñen armas gravadas. A maiores contamos co enorme panel (12x5m) de Agua da fLaxe que recibe o microtopónimo da Pedra das Proce­
sións con tres ducias de figuras representadas.

Para máis información www.iem.gal

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.05.34

AS MÁMOAS DA CHAN DE VALVERDE

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.01.59

Son tres. As mámoas son enterramentos baixo túmulo que se coñecen en Galicia desde o V milenio antes da nosa era. Constitúen a primeira mostra de arqueitectura monumental visible na paisaxe. Coñecemos
unhas 4500 e o esquema básico, con menos do 3 % escavadas, é unha cámara funeraria pétrea construída con ortostatos, lousas fincadas no chan algo inclinadas cara adentro e algo viradas, adap­ tándose a partir da lousa de cabeceira unhas a outras, coa porta de acceso cara o nacente. Esta construcción vai rematada cunha ou varias lousas a xeito de tampas. (Teito)
Os ortostatos poden ir gravados e pintados e o espazo que crean dedícase á deposición de cadáveres acompañado do enxoval mortuorio. Colares, recipientes cerámicos para líquidos e sólidos, puntas de frecha, muíños naviculares,... En fin bos compañeiros de viaxe.
Esta mámoa ten un cráter central chamado cono de violación e que foi practicado na procura de laxes e de tesouros na crenza de que aquí os había. O tempo das mámoas é un momento da nosa prehistoria no que aínda non coñecíamos os metais.

O PENEDO DOS FOROS / DAS RAÍS / DAS PÍAS

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.10.20

A parte do norte está cortada polas obras de cantería, pero segue conservando a súa monumentalidade natural arrequecida pola man humana que no chanzo da parte do nacente, ó abeiro do penedo, deixou catro muíños naviculares de soporte fixo e varios rebaixes redondeados.
Este tipo de muíños non exentos só os coñecemos entre O Morrazo e o norte de Portugal. Non máis acolá das Neves, nin máis acolá de Redondela, coa área de maior densidade nos montes do Maúxo (Vigo) extendéndose pola Serra do Galiñeiro e a da Groba. Çestá claro que son elementos para moer. Coñecemos máis de cdento e medio de sitios nos que hai muíños naviculares que nunha boa porcentaxe teñen gravados motivos na mesma superficie ou atópanse en áreas de presenza de petróglifos. Sabemos de catro casos emprazados dentro de abrigdouros. A maoir concentración nunha soa laxe é na punta de Monteferro, frente as illas Estelas, na Porta ou As
Pinisas Pequenas. Alí hai 21 muíños, coviñas e varios podomorfos descalzos.
É un misterio sabermos que moían neles, barállase a idea de cerais, metais en bruto, plantas alucinóxenas, tintes, ... PREGAMOS ÓS VISITANTES NON PISAR OS GRAVADOS RUPESTRES

PETRÓGLIFO DOS BERMÚS

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.12.50

Os gravados sitúanse ó pé do lugar coñecido como A Lagoa dos Bermús, acumulación e nacente de auga.
Este afloramento granítico ten unha cara vertical de 5 m de longo e 1,5 m de ancho orientada ó sur sobre o que aparecen gravadas nove alabardas e un puñal en posición vertical, en posición de uso, hai que sobreentender a presenza da persoa que terme da arma.
A alabarda é un tipo de arma que se compón dun mango longo (máis ou menos 1 m) e unha folla triangular con tres remaches na zona do enmangue, unhas medidas de 400/600 mm de longo, unha anchura de 250/350 mm e un peso de 400/800 gr.
Aparece no rexistro arqueolóxico na segunda metade do terceiro milenio (hai máis de 4000 anos) e desaparece polo 1500/1600 antes da nosa era. Durante varios centos de anos é un elemento indicador de prestixio, poder, status.

PETRÓGLIFO DOS BERMÚS

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.15.01

O nome do sitio varía na pronuncia entre Os Bermús e Os Bromús que pode aludir a un tal Bermudo / Vermudo. Os dous petróglifos deste lugar e mais os dous de Agua da Laxe foron descubertos para
o mjundo científico por persoas vinculadas ó Museo de Castrelos (Vigo) no ano 1983.
Estamos perante un batolito de granito de gran gordo, duro para a persoa gravadora, rebentado polo norte polo traballo dos canteiros e con grandes pías na parte superior.
Na zona máis baixa, a rente o chan hai tres fileiras de coviñas (buracos de planta circular e fondo redondeado) e entre elas un puñal pouco gravado. No debuxo plublicado polos descubridores dan conta de catro puñais e dúas alabardas nas paredes do bólo granítico.
Hoxe en día as técnicas de letura e rexistro tridimensional desveláronnos a existencia de catro alabardas e unha ducia de puñais todos eles moi pouco gravados e todos coa empuñadura cara abaixo só temos que supoñer a man do guerreiro. Son puñais carentes de detalles técnicos como remaches, espig, nervadura central, biselado lateral, ...

A PEDRA DAS PROCESIÓNS

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.16.47

Foi no ano 1983 cando persoas vinculadas ó Museo de Castrelos descubriron para o mundo científico estes gravados rupestres de Agua da Laxe, un dos máis destacados petróglifos do noroeste da Península Ibérica e quizais o mellor petróglifo de armas de Europa.
Estamos perante un penedo cunha cara plana orientada ó nacente cunhas dimensións aproximadas de 11 m. de longo e 5 m. de anchura onde hai uns 4.000 anos foron gravadas tres ducias de figuras que unha análise visual denuncia que son armas: puñais, espadas (unha ten 2,5 m. de largo) alabardas e escutiformes. Unha potente panoplia que exhibe armas fabricadas en cobre ou bronce. Todo o que vimos de describir é moi significativo. Hai armas e non apeiros de labranza ou ferramentas de carpintería, hai armas para amosar forza, poder, dominio social de quen as posue, xa que telas é sinónimo, ben de coñecer e dominar a pirometalurxía para fabricalas, ben
detentar excedentes de produción para mercalas. Entón significa obtelas, posuilas e amosalas publicamente, gravadas nun enorme batolito granítico ó aire libre.
Referímonos a escutiformes, de xeito impreciso, aludindo a esas figuras trapezoidais que semellan escudos pero que hai quen os identifica coa representación da planta dun carro. Tamén citar as alabardas, esas follas triangulares cun mango longo que hai noutros petróglifos da Serra do Galiñeiro. Son importantes por situarnos cronoloxicamente estes gravados ó redor do 2.000 antes da nosa era, nun intre que esta arma era sinónimo de poder e estatus social, de xeito que aparecen as alabardas en enterramentos, acobillos de armas, gravados en petróglifos e tamén en estelas antropomorfas, é o que en arqueoloxía se chama un fósil director xa que a súa aparición en calquera dos ámbitos citados é un claro marcador cronolóxico e cultural.
Que as xentes da serra lle dean á laxe o topónimo da Pedra das Procesións é porque semellan os estandartes que saen nas procesións relixiosas, e porqué xa coñecían moitísimo antes ca os arqueólogos a existencia destes gravados rupestres.

OS COTOS DA DE VALVERDE

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.19.01

Escollemos chamarlle Zona arqueolóxica de Agua da Laxe porque é o topónimo do sitio no que se empraza o petróglifo máis destacado polo tamaño e polo contido.
Pero como a zona é ampla e a toponimia naceu co propósito de nomear o territorio, as persoas que explotaron este lugares tiveron a necesidade de poñerlle nomes para poderen falar con precisión xa que o nome é localizador e descritivo. Estivemos nos Penedos dos Foros, na Chan de Valverde, nos Bermús, na Pedra das Procesións e agora nestes cotos ou penedos ou outeiros ó pé da Tomada de Valverde.
Aínda que é un petróglifo que chegou a nós con problemas de visualización, quixemos sinalalo e amosalo como mostra de arte abstracta na área de maior densidade de gravados bélicos do noroeste ibérico. Xa se coñecía este petróglifo e outros nestes cotos e ó longo dos traballos de sinalización foron descubertas tres superficies con armas, nun delas máis dunha ducia de puñais gravados.
Nesta laxe inclinada ó nacente hai coviñas, algún circo simple pero da visión integral do conxunto e da análise dos distintos motivos tiramos a conclusión de que son figuras abstratas e non comúns na arte rupestre atlántica. Son liñas de trazo curvo, algunhas paralelas e unha delas serpentiforme. Este granito de gran gordo non dá pé para moito virtuosismo artístico. Na mala conservación das figuras axuda a erosión pero nomeadamente a pouca fondura de gravado no intre de realizaren os motivos.
Elaborábanse percutindo con outra –quizais cuarzo- pero non insitiron moito no labor polo que as técnicas 3D de rexistro gráfico non permiten mellor achegamento ás imaxes.
Se viramos a vista cara o leste ollamos as cotas máis altas da serra, á esquerda A Gaia Grande, A Regueira dos Laxeales e o Galiñeiro de Morgadáns, a máis de 700 m.s.n.m. onde está a caseta de vixilancia forestal. Entre os dous cotos unha depresión, A Chan de Campo Redondo que funciona con lugar de paso e comunicación coa outra vertente da serra, xa outro concello, O Porriño, outra freguesía, Chenlo e unha aldeíña: O Saramagal.

MESA TOPONÍMICA

Captura de pantalla 2018 09 27 a las 21.21.34

Mulleres e homes que levan miles de anos vivindo na nosa terra e neste territorio, tiveron que aprender a lingua para comunicárense e mais nomear os sitios que trepaban a cotío. Son os nomes da terra, os topónimos. Un
nome de lugar ten dúas características principais:
– A primeira é ser localizador
– A segunda é ser descritivo.
Nomear un lugar do territorio facíase por necesidade e con palabras do voca­ bulario habitual no momento de porlle o nome. Como podedes ver na fotografía tamén o mar está nomeado, alí os topónimos chamámolos talasónimos.

DESCARGA ARCHIVO

 

 Finaciado por:

logo