^ Ir arriba

novas

Monday, 03 September 2018 22:46

Reparto de mostras de compost no mercado de Gondomar

O resumo da xornada foi tremendamente positivo, repartíronse máis de 100kg de compost (137kg para ser exactos) e tivo unha acollida escepcional entre o publico, até o pronto que xa temos peticións de veciños da Urbanización Miñor; da Pza. Rosalía de Castro e da zona das Ánimas para instalar novos composteiros comunitarios neses barrios.


O da compostaxe é unha opción irreversible, por sustentabilidade medioambiental, por economía (aforro) ás arcas municipais, e tamén por un imperativo da Unión Europea que no 2020 hai que compostar entre o 40% e o 60% da materia orgánica que producimos nos nosos fogares.

Gondomar está nesa senda e dende a Concellaría de Medio Ambiente apóstase pola mesma sen dúbida.