^ Ir arriba

novas

Monday, 26 March 2018 21:05

Ruta guiada arredor da Vila de Gondomar co alumnado do C.E.P. Neira Vilas de Peitieiros.

O Obradoiro Valmiemprega realizou una ruta guiada arredor da Vila de Gondomar co alumnado do C.E.P. Neira Vilas de Peitieiros, cun total de 170 rapaces.


A ruta percorreu recantos emblemáticos de Gondomar, e pouco coñecidos como o Acueduto do Bravo, o lavadeiro e Ponte de Rosas ás beiras do río Zamáns. Continuou o itinerario pola zona da igrexa de San Bieito e o fermoso recanto onde se atopa a fonte e lavadoiro coñecidos como de San Bieito. Realizouse una parada na Praza de Paradela onde se lles comentou aspectos da casa do Concello e da escultura recentemente inaugurada dedicada ás persoas que loitaron contra os lumes na zona. Proseguimos ruta polas beiras do Río Miñor para coñecer a Ponte de Ánimas e o antigo camino Real que por alí pasaba. Achegámonos, tamén, ata a escultura de Alfonso Soliño que representa a Galiña Azul, inspirada na obra de Carlos Casares.
O obxectivo foi achegar aos escolares os segredos que garda a vila para que aprendan a valorar o seu patrimonio e o seu territorio.

IMG 20180323 101705

IMG 20180323 105539

IMG 20180323 112040