O percorrido realizado comezou ás portas da Fortaleza de Monterreal, concretamente na Porta do Sol, onde se lles deu una explicación para introducirnos na historia de dita fortaleza. A Seguinta parada do itinerario se realizou aos pés da Torre de Reloxo e a continuación no Baluarte da Cuncheira, dende onde se divisa unha fermosa panorámica da Vila. Continúa o percorrido parando na Porta dos Frades ou Porta do Pozo, e seguidamente unha importante parada na Batería de Santiago, aos pés da Torre do Príncipe, onde aparte das explicacións históricas o grupo recibiu información interpretativa da paisaxe da Baía, das Illas Cíes, Illas Estelas e outras curiosidades sobre a panorámica.
A xornada transcorreu cunha visita ao Parador Conde de Gondomar, da mán do xefe de recepción, quen nos acompañou a través de diferentes estancias do recinto hoteleiro. Para finalizar outra breve parada a altura da Torre da Tenaza, dende onde se pode observar unha das mellores panorámicas da Baía e das infraestructuras portuarias da Vila.
Despediuse ao grupo no Parque da Palma, onde amosaron unha grande satisfacción e agradecemento pola iniciativa e polo servizo prestado.