^ Ir arriba

novas

Saturday, 03 March 2018 13:02

Subvencións a clubs deportivos de ámbito nacional

Convocatoria de subvencións para clubs deportivos da provincia de Pontevedra sen ánimo de lucro, que participen en competicións de ámbito nacional para o ano 2018.O prazo para presentar as solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no BOPPO e rematará o día 2 de abril de 2018.

Esta convocatoria está destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra de ámbito nacional que teñan polo menos un equipo participante na categoría sénior, así como aos clubs que participen na 3.ª división de fútbol co obxectivo específico de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas ou españolas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra.

A través destas bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados que participen en categoría nacional na temporada 2017-2018 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2018.

Neste ámbito de actuación preténdese colaborar cos axentes sociais comprometidos co obxectivo de fomentar a cohesión do territorio e a igualdade de oportunidades en materia de deportes, con independencia das condicións persoais de cada cidadá ou cidadán e do lugar da provincia onde resida.

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que compitan en categoría nacional e que cumpran cos seguintes requisitos:

• Carecer de fins de lucro

• Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, así como non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación

• A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra

• Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

• Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollida na lei

• Con respecto a “Outras modalidades: 115.000 €” para poder solicitar a subvención as entidades solicitantes deberán acreditar os desprazamentos a competicións oficiais federadas fóra da Comunidade Autónoma e dentro do ámbito estatal cun mínimo de 7.500 km, así como o número de persoas desprazadas, de acordo co anexo I

Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2017 para o mesmo programa.

BASES