^ Ir arriba

novas

Wednesday, 13 December 2017 14:42

Ópera Carmen e Concerto de Nadal no Auditorio Lois Tobío

CONCERTO DE NADAL 2017 do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Chega o Nadal e o Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra o seu II Concerto Solidario. A Concellería de Cultura en colaboración coa Concellería de Benestar Social organizarán unha recollida de alimentos á entrada do Auditorio Lois Tobío. Todos os asistentes ao concerto poderán colaborar coa súa aportación que será entregada aos veciños máis necesitados do concello. Os alumnos de tódalas especialidades do centro festexarán a chegada do Nadal, presentando o traballo realizado na primeira avaliación co Coro e a Orquestra.

Entrada gratuita ata completar aforo.
Mércores 20 de Decembro ás 19:00h. Auditorio Lois Tobío

 

ÓPERA CARMEN de G. BIZET no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

Este sábado 16 de Decembro poderemos desfrutar da representación da Ópera Carmen do compositor G. Bizet, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 19:00h, interpretada pola Camerata Lírica de España. A Concellería de Cultura de Gondomar é a encargada de programar este espectáculo, unha das óperas mais representadas de todos os tempos. A taquilla abre ás 18:00h. Prezo da entrada 2,50€

C064BFB2 54DA 42A8 86EA 0BFE09023B92

E0B0A122 2626 418D AC04 1868FEAC85D6