^ Ir arriba

novas

Monday, 04 December 2017 22:01

O Concello de Gondomar xa colabora de xeito efectivo contra o cambio climático.

A Concellaría de Medio Ambiente vén de instalar una caldeira de biomasa, en substitución doutra de gasóleo, no sistema de calefacción para todo o edifico de Urbanismo. A instalación foi realizada a conta da subvención do INEGA e cofinanciada polo Programa Operativo FEDER-Galicia 2014-2012, cuxo finazamento acadou o 80% do custe total, supoñendo un gasto para o Concello ao redor dos 3.000.-€.

Entra as vantaxes desta instalación, están o seu mantemento que escaso, e o seu consumo. Unha carga de 4000kg de pellets, segundo a empresa instaladora debería durar par dous invernos, todo isto por un custe de 940.-€ en total, cando en gasóleo sería tres veces máis no mesmo período de tempo.

É una calor limpa, sen malos olores e sen botar á atmosfera partículas contaminantes, que mantén quente todo o edificio perfeitamente. Podendo incluso programar o seu acendido, apagado, temperatura, etc, dende un teléfono móbil.

Este ano instalamos só esta caldeira, pois tivemos que renunciar á do CDL por falta de tempo para tramitar a súa adxudicación, ao ser un prodemento de contratación máis complexo por se tratar dun contrato maior e non haber tempo material para adxudicar e facer as obras do 1 de setembro ao 7 de novembro, improrrogable.

Á vista dos resultados coa nova caldeira instalada, agora xa non hai dúbida da necesidade de apostar por este tipo de calefacción, polo que o ano que vén, ímos procurar cambiar todas as calefaccións de gasóleo das instalación municipais que poidamos por estas de biomasa.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente, animamos ás CC de Veciños de edificios, e á veciñanza en xeral a apostar por este tipo de calefacción, e á acollerese a estas axudas que tamén as hai para particulares. As estatísticas fala de de a contaminación atmosférica está producida nunha porcentaxe moi elevada precisamente polas calefaccións de combustibles fósiles. Os últimos estudos falan que no Estado Español morren ao ano 16.000 persoas por causa da contaminación atmosférica.

Co idea de facer una mínima pedagoxía necesaria, e para que se poida comprobar que este tipo de sistemas funcionan, dende a Concellería de Medio Ambiente, convidamos aos colectivos veciñais, e vecinos en xeral, a visitar esta nova instalación no edificio de Urbanismo, para comprobar “in situ”, que outro sistema é posible.


Asdo.: Antonio Araújo Quintas.
Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente.

IMG 20171204 115937 IMG 20171204 120010

IMG 20171204 120015 IMG 20171204 120121

IMG 20171204 120144

IMG 20171204 120035