^ Ir arriba

novas

Tuesday, 10 October 2017 18:24

Exposición "Escenario da prehistoria" no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

A exposición sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia chega a Gondomar, mañán 11 de outubro terá lugar a inauguración ás 12,00hs.

"Escenarios da Prehistoria", composta por 37 paneis fotográficos de Federico de la Peña, poderá visitarse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ata o 12 de novembro.

Trinta e sete paneis fotográficos complementados con debuxos e paneis explicativos amosan a riqueza patrimonial arqueolóxica da provincia de Pontevedra nunha exposición que mañán día 11 quedará inaugurada no Auditorio Lois Tobío en Gondomar baixo o título "Escenarios da Prehistoria". Na apertura da mostra estarán presentes o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o alcalde Francisco Ferreira, a concelleira de cultura de Gondomar Nuria Lameiro e o autor Federico de la Peña.

As fotografías da mostra amosan as mámoas, menhires, castros e petróglifos máis senlleiros da provincia, e están complementadas con ilustracións de gran formato que amosan como se construíron eses lugares ou como se tallaron diferentes ferramentas esenciais para a supervivencia daqueles antigos poboadores do noso territorio. Así mesmo, diferentes textos presentes tamén na sala darán resposta ás preguntas mais frecuentes sobre os lugares fotografados. Cada fotografía vai acompañada dunha cartela que indica o nome do elemento arqueolóxico, a súa localización, superficie, a descrición técnica, a súa función e importancia histórica, a data de construción e o estado actual de conservación.

A exposición poderá visitarse de luns a venres de 17,00h. ás 20,00h. e os domingos de 17,00h. ás 20,00h.

print newsletter prehistoria gondomar 1