^ Ir arriba

novas

Monday, 09 October 2017 20:48

O Conservatorio Elemental de Gondomar visitará o Pergamiño Vindel.

Os alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar visitarán o Pergamiño Vindel o vindeiro 8 de Novembro no Museo do Mar de Galicia.

Con esta iniciativa o conservatorio de Gondomar, convertirase no primeiro centro especializado en música de toda Galicia en visitalo Pergamiño, que contén sete cantigas de amigo compostas polo trovador do século XIII Martín Códax.
Durante o mes de outubro os alumnos do conservatorio de Gondomar traballarán as pezas musicais escritas en notación medieval nas clases de linguaxe musical, educación auditiva e vocal, coro e orquestra. Un proxecto levado a cabo grazas a Concellería de Cultura, que involucrará a tódolos profesores, alumnos, nais e pais do centro de toda a comunidade educativa.

descubrindo o pergamino