^ Ir arriba

novas

Wednesday, 16 August 2017 20:16

Gondomar inaugura a exposicion "De Pontevedra a Rio 2016"

A exposición fotográfica "De Pontevedra a Río 2016", organizada pola Deputación de Pontevedra, chega hoxe a Gondomar.

A iniciativa, que rende homenaxe aos e ás deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, por outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e dos Xogos Paralímpicos, poderase visitar de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas polas tardes e de 10:00 a 14:00 horas os sábado e domingos na Avda. Diego Sarmiento da Acuña (no Centro Neural), do 16 ao 27 de agosto.

"De Pontevedra a Río 2016", que comezou no Pazo Provincial o pasado mes de outubro, xa recalou en diversas localidades da provincia. A mostra recolle o palmarés dos 16 deportistas da provincia que participaron nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos o pasado ano.

20904193 10212774370007600 1355659631 o