^ Ir arriba

novas

Thursday, 13 July 2017 11:41

Subvencións dirixidas a Asociacións e Clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas no ano 2017.

A Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas disciplinas e coñecedora das carencias ás que se enfronta, establece as Bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.

A finalidade desta convocatoria é apoiar as entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro na realización de actividades deportivas durante o ano 2017.

A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, polo que se convocan as subvencións que a continuación se detallan:

Captura de pantalla 2017 07 13 a las 11.50.33

O programa E/17 “actividades deportivas” vai dirixido ao financiamento de campionatos e eventos deportivos que levarán a cabo os clubs ou entidades deportivas durante o ano 2017.

Bases na seguinte enlace:

BOPPO número 133