^ Ir arriba

novas

Monday, 19 June 2017 10:32

Asistencia ás persoas esquilmadas do Banco Pastor de Gondomar.

O Concello de Gondomar presta asistencia ás persoas esquilmadas nos seus pequenos aforros investidos no Banco Pastor de Gondomar.

Moitos cidadáns de Gondomar teñen sido esquilmados nos seus aforros polo efecto perverso das malas prácticas bancarias. Preferentes, cláusulas chan ou os accionistas minoritarios que investiron os seus aforros en accións do Banco Pastor.
Desde a Concellería de Comercio queremos dar soporte informativo sobre os posibles camiños xudiciais coa intención de levar a cabo todas as accións necesarias para intentar recuperar o diñeiro dos afectados.
Diversas asociacións de consumidores teñen acusado aos administradores do Banco Popular de presuntos delitos de falsidade contable e estafa aos pequenos investidores.
Dende o Concello de Gondomar, vila na que o Pastor ten unha sucursal dende hai moitos anos, temos a intención de axudar a canalizar a raiba, a impotencia e a fustración dos afectados cara levar a cabo todas as accións necesarias, por todas as vías posibles, xudiciais ou extraxudiciais, que permitan a los afectados obter unha compensación polo prexuízo padecido.
Todas as persoas afectadas poden dirixirse a Concellaría de Comercio que ofrecerá información os procedementos legais máis axeitados.

O concelleiro de comercio e turismo

Xosé Antón Araúxo Rodríguez