Con todo, pedímoslle colaboración á veciñanza e ofrecémoslle os teléfonos deste Corpo: 986389191 – 696998080, para axudarnos a atopar calquera indicio que nos leve a identificación destas persoas.
Aproveitamos para informarlles que os residuos que precisan unha xestión específica, polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos) e para os que non existe colector na vía pública pódense depositar na Punto Limpo situado no lugar “Regato de Padróns”, na Pasaxe, Vincios.
A actuación da Policía Local axustarase ao establecido na Ordenanza municipal reguladora de Medio Ambiente, Limpeza e Convivencia aprobada polo Pleno do día 6/04/2017 que prevé sancións de ata 3.000 euros por infraccións moi graves á dita normativa.
O xefe do Corpo
Obdulio Iglesias Otero