^ Ir arriba

novas

Monday, 22 May 2017 10:24

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral.

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

Homes traballadores ou familias monoparentais que, entre o 01/05/2016 e o 31/05/2017 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para coidado dunha filla ou fillo menor de 3 anos ou menor de 12 no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

PERSOAS BENEFICIARIAS: Homes traballadores ou familias monoparentais (homes ou mulleres).

REQUISITOS: entre outros requisitos e condicións:

a)-estar empadroado en Galicia;

b)-convivir coa filla ou fillo;

c)-no seu caso, a cónxuxe ou parella debe estar traballando;

d)-ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2015).

CONTÍA DAS AXUDAS: Dende 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e da súa duración, e do número de menores ao seu cargo.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 19 de xuño de 2017

INFORMACIÓN: www.igualdade.xunta.es, no teléfono 881 999 163, no enderezo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou no CIM Gondomar