^ Ir arriba

novas

Friday, 12 May 2017 16:18

Festa da empanada

Esta mañá tívo lugar a presentación da 5ª Festa da Empanada de Gondomar, que se celebrará no municipio do 12 ao 17 de maio.

No acto estaban presentes D. José Luis Froiz Espiño, Presidente de OVALMI; D. José Ángel Gonzalez Goce, Vicepresidente de OVALMI, D. Xosé Antón Arauxo, Concelleiro de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar e Dna. Esther Lorenzo, Representante da hostalería en Gondomar e participante nesta edición.

Este ano poderase degustar a empanda en 17 establecementos de Gondomar, doces, tradicionais e innovadoras, algunhas manteñen en segredo o ingrediente usado para a súa realización.
Por segundo ano consecutivo, quérese atopar á "Mellor Empanada 2017", grazas aos votos dos asistentes durante estes días de celebración.
Entre todas as persoas que participen sortearase un magnífico premio, doado polo Balneario Talaso Atlántico.

FESTA EMPANADA 2017