^ Ir arriba

novas

Wednesday, 08 March 2017 11:58

Os grandes descontos chegan a Portobelo, coa feira de oportunidades do Val Miñor

Arranca a cuarta edición a feira de Oportunidades Portobelo. Organizada pola Asociación de Empresarios e comerciantes do Valmiñor (OVALMI) terá lugar o próximo domingo 12 de marzo, en horario continuado desde as 11 da maña hasta as 9 da noite.

En Portobelo, que conta coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Comercio, poderánse atopar productos variados como: calzado, prendas de vestir, tocado, menaxe,ferretería, cosmética, productos de limpeza, etc.
Agardamos que este ano sexa o da consolidación deste gran encontro comercal para o contacto co comercio local, ao traveso dos 25 establecimentos comerciais que participan este ano.
Animamos ás familias á achegarse a Vila de Gondomar, que estará especialmente colorida e decorada para a ocasión con paraugas colgantes sobre as rúas do Concello, e relacionarse cos establecimentos de proximidade, nun día, no que si as previsións metereolóxicas se confirman, disporemos de bo tempo e temperaturas agradables.
Nos paraugas do Portobelo, haberá tamén obradoiros dirixidos polo Centro Juán Maria de Parada, Nigrán nos que se traballará con materiais reciclables para os rapaces durante toda a xornada.
Para os menores tamén están pensados os inchables que estarán durante toda a feira con prezos solidarios.
Como actividade lúdica proponse a todos os visitantes unha exhibición de Danza Moderna e Hip-Hop, que terá como promotores á Escola de Danza da Paradela e a Asociación da Danza de Gondomar. Unha acvidade aberta a todas las idades e dará comezo as 17,00 horas nas inmediacións da Praza do Concello.

portobelo webPortobelo 4º Edc