^ Ir arriba

novas

Friday, 17 February 2017 10:13

Domingo de coplas de entroido e danza en Gondomar.

O domingo día 19 as 12 da maña os gondomareños e gondomareñas están convidados a disfrutar do I Recital de Coplas da vila, organizado polo Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros e co que colabora a Concellería de Cultura de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro.

Os grupos que queiran participar teñen as bases e a ficha de inscripción dispoñible na páxina do Facebook do Centro Cultural de Peitieiros. Unha vez cuberta a ficha de inscripción deberán remitila a dirección de correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.. O prazo de inscripción finaliza as 24h do día 16 de Febreiro.

Ademáis de cantar coplas os participantes realizarán un pasarúas dende a Alameda de Gondomar ata a Praza Ángel Urzaiz onde se celebrará o certamen, todos eles asistirán disfrazados. Será un xurado, no que participará o Alcalde Paco Ferreira o encargado de entregar os premios os grupos participantes. No caso de mal tempo o recital trasladarase o Auditorio Lois Tobio.

Concluiso o recital, a Asociación de Danza de Gondomar presentará o seu espectáculo Zarpiñas e Miaños na Praza do Concello as 14h.

16508522 1797098120552742 1732526213720510367 n