^ Ir arriba

novas

Tuesday, 17 January 2017 15:58

Gondomar estrea a súa primeira guía en FITUR.

O Concello de Gondomar ven de elaborar xunto co IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) a primeira guía do municipio.

A guía forma parte da información que o concelleiro de Turismo, Antón Arauxo enviuo a Fitur para que Gondomar participe en esta cita do turismo internacional. Dentro do folleto explicativo inclúense un mapa no que se localizan ata noventa e cinco puntos de interese etnográfico, paisaxisticos e arqueolóxico. Con ela, non só os visitantes coñecerán Gondomar senon que os propios vecinos e veciñas poderán descubrir unha parte fundamental da riqueza do municipio: pontes, cruceiros, igrexas, mamoas, petroglifos, castros, pazos, etc.

Gondomar participará en FITUR dentro do stand de TurGalicia; a guía estará dispoñible tamén nas dependencias do Concello, e en hoteis e hostais que así poderán ampliar a súa oferta turística entorno a vila.

IMG 1633