^ Ir arriba

novas

Thursday, 03 November 2016 11:25

Gondomar fará una horta urbana onde a Xunta pretendía colocar un pozo de bombeo.

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira convocou dous cursos, un de Agricultura Ecolóxica e hortas comunitarias e outro sobre Cultivo de plantas aromáticas e medicinais. O primero de 60 horas e o segundo de 50 horas, dirixidos os veciños que se encontren empadroados no municipio; de quedar vacantes as demáis prazas serán cubertas con xente de concellos limítrofes.

Como novidade ambos curso contan con unha parte teórica e outra práctica, realizándose esta última nun terreo que o propio concello habilitará para a ubicación dunha horta comunitaria ecolóxica e un xardín con diversa variedades de plantas aromáticas e medicinais, unha vez rematados os cursos, os veciños poderán visitar e incluso continuar coidando e cultivando o lugar. Este espacio curiosamente, será unha zona verde de protección onde a Xunta de Galicia pretendía ubicar o aparatoso tanque de tormenta de recollida de augas fecais do municipio.

Con esta iniciativa o alcalde pretende “concienciar a cidadanía da necesidade de producir os seus propios productos ecolóxicamente e poder dispor de un lugar para o seu cultivo; asimismo gozar de un espazo axardinado onde poder coñecer e disfrutar de variedades de plantas medicinais e aromáticas que cada día están máis esquecidad”. Este espazo poderá ser visitado polos distintos colexios do municipio, co obxetivo de que os máis xóvenes poidan concienciarse neste tipo de producción e coñecer a orixe de moitos medicamentos e plantas medicinaies empregadas polos nosos avos para fins curativos: como a manzanilla, a herba luisa, etc.

Esta iniciativa é pioneira no Val Miñor, e é unha aposta deste goberno que confía e cree na medicina alternativa e a producción caseira, propia e ecolóxica.

A matrícula é gratuita e está aberta dende hoxe ata o día 11 de novembro; para formalizala inscrición os interesados deberán achegarse o rexistro do concello. Alí deberán cubrir a folla de matrícula, tamén dispoñible para descargar na páxina Web do Concello (Curso Agricultura ecolóxica e Herbas aromáticas e medicinais) e presentar o volante de empadroamento. A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, dándose preferencia os empadroados no municipio de Gondomar.
As clases iniciaranse o día 16 e serán presenciais de mércores a venres en horario de maña ou de tarde (4 horas diarias), polo que os interesados poderán compaxinar ambos cursos.

cartel grande